lunes, 28 de mayo de 2007

O Servizo Provincial de Consumo da Coruña
non responde ás denuncias:

http://imaxinario.blogspot.com/

miércoles, 23 de mayo de 2007

martes, 22 de mayo de 2007

Teatro: ‘O estraño caso das paxaras metafísicas’, de Willy Éter:http://imaxinario.blogspot.com/

sábado, 19 de mayo de 2007

XOSÉ BOCIXA REI: “As subvencións non chegan nin para pipas”. En http://imaxinario.blogspot.com/

viernes, 18 de mayo de 2007

'O espírito anormal do corpo xurídico',
artigo de Xavier Dans Mayor en: http://imaxinario.blogspot.com/

miércoles, 16 de mayo de 2007

As Encrobas: Respecto á veracidade histórica

Por Brais do Castro

Subvencionado pola Consellería de Cultura con algo máis de 13.000 euros, coproducido por Videafilm e Ibcinema & Cochlea, e dirixido por Xosé Bocixa, o vídeo As Encrobas: A ceo aberto configura suficiente información para o desenvolvemento dunha nova proposta na que debería intervir directamente a Xunta de Galiza, investindo de xeito proporcional ao acontecer histórico daqueles momentos nos que, coas Encrobas na vangarda, Galiza pareceu que estaba a piques de deixar de chorar.
O filme de Xosé Bocixa Rei mostra parte dunha realidade. Seguramente, porque non había presuposto para máis. Ese é o eterno problema do audiovisual galego: primeiro hai que traballar en condicións precarias e logo solicitar a bolsa. E, ás veces, esgótase a paciencia. Algo que non pasaría, por exemplo, en Cataluña. Aquí prefírense gastar os cartos en parvadas e nos amigos. Algo que non pasaría tampouco, por exemplo en Euskadi. Que si, falar fálase moito destes dous países antepoñéndoos como modelos sociais e políticos. Pero, agás as copias, pois xa se sabe que unha copia sempre é unha copia e se aínda é mala, peor, en Galiza só coñecemos o de ‘a trancas e barrancas’.
Por exemplo, non é certo que a prensa, como algúns din, realizase un gran seguimento sobre as expropiacións. Non é certo, porque o deber dos medios de comunicación naqueles intres de 1977 era buscar o seu espazo na transición que comezaba. Franco morrera e, logo de tanto tempo ‘colaborando’ co ditador, os medios de comunicación necesitaban outros alicerces cos que abastecer aos seus novos e potenciais lectores, que xa non eran tan partidarios do pretérito. Pouco terían que vender se seguisen ignorando as falcatruadas do réxime.
Iso de primeiras. De segundas, tampouco é certo que os propietarios de terras, pequenos e medianos, tivesen en conta maioritariamente a unidade para defender o seu lugar de orixe. Cando a empresa mineira decidiu a expropiación enviando os requirimentos, os propietarios, afeitos a desenvolverse de maneira individualizada, coidaron que a solución estaba na xefatura da parroquia: no seu cura párroco. Naturalmente, o seu cura vendeunos como non debía ser doutra forma, porque a Igrexa estivo sempre ao carón do poder. Debeu vir alguén de fóra, aínda que, por coincidencia, tamén fose cura, se ben neste caso sen uniforme e contrario á xefatura eclesiástica, que tan ben el coñecía, para que primase a unidade nos veciños. Custoulle traballo. Non lle foi fácil e, ás veces, ese cura ‘renegado’ chegou a pensar que ía ser imposible acadar en comunidade acordo ningún.
E o terceiro punto lévanos á verificación de que naqueles momentos o único importante para os propietarios das terras das Encrobas, salvo as salientables excepcións, era o diñeiro. Non importaban demasiado os estragos que realizase a empresa mineira a corto, medio ou longo prazo. Non se loitou para que a explotación se paralizase: negociouse para poñer de acordo a ambas partes.
O caso de Xove (Lugo) ilústranos sobre unha posición política que si contribuíu á paralización dunha central nuclear. Alí non había tanto que expropiar, pero si moita solidariedade para impedir, á mesma empresa, a construción doutro mecanismo contrario aos intereses sociais e ambientais.
No filme de Bocixa aparecen numerosas contribucións que xustifican dalgún xeito parte do acontecido ata a actualidade. Con todo, a historia de Galiza necesita dun esforzo amplo e decidido das institucións progresistas para que no futuro se verifique con claridade a nosa realidade, que poucas veces é o que parece e outras é o que parece que non é. [Máis información en: http://imaxinario.blogspot.com/]

viernes, 11 de mayo de 2007

Santiago de Cuba acolle unha semana de cine galego: http://imaxinario.blogspot.com/

martes, 8 de mayo de 2007

lunes, 7 de mayo de 2007

O Resplandor das Atochas lembra xullo de 1937: “Un ano de sangue e lume”. Información en http://imaxinario.blogspot.com/.