A historia recente de Galiza oriéntanos sobre a imposibilidade galeguista de procurar a súa identidade. O réxime ditatorial do xeneral Franco impedía todo tipo de manifestación nese sentido. E sería a través dun fato de mozos integrados na Unión do Pobo Galego quen, coa colaboración da Asociación Democrática de Estudantes Galegos e a Fronte de Liberación Popular, convocase unha ‘concentración nacional’ en Compostela con motivo do 25 de xullo (1968) baixo a denominación de Día Nacional Popular.
«Viva Galiza ceibe e socialista» era a lenda da pancarta despregada ao carón dunha bandeira galega no paseo da Herradura de Compostela por un reducido grupo de mozos. Con todo, non sería ata 1974 cando a UPG salientase nun comunicado o Día da Patria, nunha análise sobre a situación política do país, se ben sen realizar chamamentos á concentración.
Un ano despois, a apenas creada Asemblea Nacional-Popular Galega encárgase de convocar o Día da Patria Galega mediante pintadas e pasquíns espallados por toda Galiza.
«Galiza, patria asoballada, patria das clases traballadoras, ten hoxe máis necesidade e máis posibilidades ca nunca de que unha rexa e patriótica conciencia colectiva das súas camadas populares reclame e loite pola solución dos seus problemas. A concentración de San Domingo vai ser a proba da vontade dos patriotas galegos de afirmármonos na nosa conciencia nacional e popular contra da asimilación e explotación ás que o Estado colonialista español nos está a someter», así rezaba o pasquín que levou a centos de persoas a Compostela, malia que o desenvolvemento da concentración viuse condicionado debido a fallos de organización e polo gran despregue policial.
En 1976 súmase ao Día da Patria algunha organización máis, se ben é a AN-PG quen se responsabiliza definitivamente da organización pese a estar prohibida polo Goberno Civil. Outras forzas políticas de distinto calado pronunciáronse a favor do Día de Galiza. Ambas manifestacións bateron coas forzas da orde pública, que se empregou coa máxima dureza.
Finalmente, en 1977 foi o Bloque Nacional-Popular Galego quen realizou a convocatoria de manifestación no Día da Patria Galega. Logo da manifestación celebrouse unha festa na horta de San Domingo, en Compostela, na que participaron Bautista Álvarez, Iñaki Martínez (EIA, vasco), Carlos Castellano (PSAN, catalán), Pedro Rocha (LCR), Xesús Arrizaldo (SOG), Francisco García Montes (ING) e o crego de Sésamo e Sueiro, e líder do movemento veciñal das Encrobas, entre outros. [ATAÚLFO DE FERABRÁS]