lunes, 23 de noviembre de 2009

viernes, 20 de noviembre de 2009

TEATRO PRINCIPAL DE COMPOSTELA



'Sesión especial' Cine Europa

Na XXIII edición de Cineuropa, un dos encontros do audiovisual máis salientables de Compostela (do 4 de novembro ao 2 de decembro), veranse máis dun milleiro de filmes distribuídos en catro salas (Teatro Principal, Salón Teatro, Aula Sociocultural Caixa Galicia e Fundación Caixa Galicia). O cine emerxente ten tamén a súa oportunidade e conta coa presenza de Xosé Manuel Bazarra Maneiro Sepi, que presentará no Teatro Principal (venres, 20 de novembro de 2009, as dez da noite) catro dos seus traballos.

viernes, 13 de noviembre de 2009

INCUMPRIMENTO


Na instantánea de Clelia Zucca obsérvase
o coidado e esmero que lle poñen os militares
aos símbolos franquistas

31 de decembro de 2009.

Data final para que Defensa retire os símbolos franquistas suxeitos á Lei da Memoria Histórica, caso da Biblioteca Histórico-Militar da Coruña.

Así o afirmou Constantino Méndez, secretario de Estado de Defensa. QUE SE INCUMPRÍU.


miércoles, 4 de noviembre de 2009

'Contos incendiarios'


Ilustración de XAVIER DANS MAYOR

O paradoxo dos detidos *
Por XAVIER DANS MAYOR

Transcorría o ano 2059 e dous republicanos anarquistas estaban a beber uns viños nunha adega en compaña duns compañeiros cos que mantiñan un triste faladoiro. Chegado o momento e para animar á conversación, ó que lle chamaban “Linguasolta”, espetou ós presentes co principio dun dito que aínda que ben sabido era por todos prudentemente ignorado:
―O mundo non coñecerá a xustiza ata que…
E como agochando a man despois de tirar a pedra, en contra do que era costume nel, calou, deixando a frase sen rematar, e ficou fitando ós ollos a o bo de “Bocapechada”, como agardando que completase a súa ocorrencia. “Bocapechada”, que permanecía como ausente do grupo, en troques do que lle era habitual , e para sorpresa da concorrencia, continuou e espontaneamente completou o dito:
―…o derradeiro rei morra estrangulado polo carallo do derradeiro cura.
Xa vos podedes imaxinar a gargallada xeral que provocou esta ocorrencia nos presentes, non tanto polo seu sentido, que era por todos coñecido, senón polas súas circunstancias: que “Linguasolta”, que tan paroleiro e charlatán adoitaba ser, calara, e que “Bocapechada”, tan comedido e prudente, falara sen medida. Os parabéns, os risos e os brindes sucedéronse e o bo humor retornou á xuntanza. Pero a esmorga durou pouco tempo, e os laios seguiron ás chanzas. Dous corpulentos cabaleiros, de garabata e vestidos de gris, que permanecían circunspectos nunha mesa próxima, se achegaron á xuntanza e berraron:
―Documentación!
De socato formouse un gran rebumbio. Os reunidos puxéronse axiña de pé. Con grande estrépito as cadeiras e as mesas, as xerras e as cuncas deron co chan vertendo polo andar todo o seu contido de viño e cervexa. Entrementres trataron de fuxir. A meirande parte dos camaradas o acadaron e liscaron, quitando a “Bocapechada” e “Linguasolta”, que foron presos ó ser collidos con forza polo pescozo. A súa resistencia foi inútil e inevitable a súa detención. Seica as súas consecuentes protestas e proclamas de liberdade resultaron ineficaces e soamente contribuíron a agravar a situación:
―Habédevos de arrepentir!
E sen máis preámbulos os cabaleiros de gris conduciron ós bos de “Linguasolta” e “Bocapechada” ata o cuartel máis próximo. Os dous sospeitosos foron encarcerados e arredados un do outro. O xuíz foi informado dos feitos, e aínda que estaba seguro de que eran culpables, sabía que a proba de cargo, a frase inxuriosa contra a autoridade que dixeron en público, se coñecía por casualidade e que as únicas testemuñas eran os gardas. Entón, xa que non tiña probas suficientes para culparlles durante un proceso, esixiu ós presuntos culpables que confesasen polo seu propio ben. Por separado, a cada un dos detidos, díxolles:
―Tendes dúas opcións evidentes, colaborar e delatar ó voso cómplice ou non confesar o delito e asumir as consecuencias. A policía está segura de que o cometestes. No caso de que ningún dos dous confese, declarareivos culpables, sen oportunidade de apelación, dos cargos de desordes públicas e resistencia á autoridade, imputacións que vos suporán de dous a tres anos de cadea. Se ambos os dous confesades, someterémosvos a xuízo, pero non se vos imporá a pena maior, uns seis anos a cada un, por ter colaborado coa xustiza. Poren, se un confesa e o outro non, o que confese recibirá un castigo moi leve, uns tres meses de privación da liberdade, xa que o proceso se resolvería antes; mais o que non colabore, que se vaia preparando: o castigo será exemplar, porque será axustizado na forca.
Cando “Bocapechada” ficou só no seu calabozo considerou a súa situación: «Debo confesar ou non? Unha cousa é certa, a sentenza non vai depender de min mesmo, depende tamén do que vai facer “Linguasolta”. Se minto e me nego a confesar e o meu amigo fai o mesmo a pena será a menor posible e poderemos dármonos por satisfeitos. Pero de sobra coñezo a “Linguasolta”, sei que, paroleiro de máis, non é quen de gardar un segredo. De certo que vai cantar ‘O miudiño’ ás primeiras de cambio. E logo, que me queda? Coñezo por adiantado a súa resposta, vai cantar; e se eu canto podrecemos os dous durante seis anos na cadea. Mais se eu calo e non confeso xa me podo dar por morto. Na miña man está a miña propia salvación. Pero, se por un aquel “Linguasolta” calara? Se calara e eu confesara o morto seria el. Pero el non merece morrer, ninguén merece morrer. Ben é certo que rexeito a mentira sobre tódalas cousas. Que dilema! Mentir e non confesar supón traizoar o que en min hai de máis humano. Pero a verdade condónanos a ambos os dous. Ben é certo que a honestidade e a sinceridade son uns dos alicerces nos que se fundamenta a miña persoa; son as candelas que alumean o meu espírito e rexen o meu comportamento. Pero, se tivera o valor de non seren un escravo da verdade? Ademais, para que necesitan os xuíces saber que é o que digo entre amigos? Se eu quixera que souberan, teríallo dito eu mesmo como llo dixen ós meus camaradas. Entremetéronse no noso círculo de amigos sen os ter chamados nós e sen que os teñamos feito os nosos confidentes. Arróganse o dereito de intervir nun asunto privado sen seren chamados. A autoridade quere saber, a toda costa, baixo ameazas de castigo, o que eu quero ocultar; non respecta a opinión pública; nin tan sequera a liberdade de pensamento individual. Así pois, adiante, vós, os que queredes violentar a miña vontade coa vosa. Aplicade as vosas malas artes. Interrogádeme, torturádeme, ameazádeme co escarnio público, coa condena terreal e coa condenación eterna. Podedes obrigarme a prestar un xuramento falso; pero xamais, xamais, tiraredes de min a verdade, pois eu quero mentir porque non sodes os donos da miña sinceridade. Non! Unha e mil veces non. Non atoparedes en min a un escravo da verdade, senón a un traidor á súa vontade. Cando pronunciamos aquelas palabras que poderían supor un delito de alta traizón, non queriamos que vós souberades delas. Agora mesmo hei manter a mesma vontade e non me deixarei amedrentar pola condenación, humana ou divina, da mentira. Aínda que “Linguasolta” cantara, non tanto porque sexa incapaz de gardar un segredo, senón porque non ten nada que agochar, xa que de feito non chegou a pronunciar ofensa algunha, pois o único que dixo foi o de que “o mundo non coñecería a xustiza ata que...”, e iso non e un delito polo que debera ser castigado. Eu, eu non, abofé que non confesarei unha verdade espuria que me tratan de impoñer aínda que a miña propia mentira me leve o cadaleito. A sorte está botada. Se teño que pagalas todas por todos, adiante; que paguen mentireiros por sinceros, e aquí condenación e no ceo gloria».
Esa noite “Bocapechada” durmiu placidamente, non podería seren doutro xeito, pois tiña a conciencia tranquila. Á maña seguinte, os gardas fórono espertar para levalo perante o xuíz. ”Bocapechada” acompañounos coa cabeza alta, seguro da súa determinación, cunha expresión de orgullo e honestidade, afrontando a morte cun ollar de vitoria. Entrou na sala da xunta, cego, coa mirada chantada no ceo, sen se apercibir do que os seus ollos reflectían; de feito non se decatou do sorriso de complicidade do seu compañeiro de infortunio. De contado o xuíz dirixiuse a el con gravidade:
―Xa temos a declaración do seu socio de falcatruadas, ten algo que declarar?
“Bocapechada”, branco coma un allo, estaba seguro de que “Linguasolta” tiña cantado e que a única maneira de salvar a súa vida era a confesión; pero asumindo con serenidade a súa situación, que o podería levar ó cadafalso, respondeu con determinación:
―Non teño nada que engadir á miña declaración anterior. Que sexa o que deus queira.
―Entón, négase a confesar? Decátase vostede de que pode ser condenado a morte?
―Insisto, non teño nada novo que engadir. Son inocente.
O xuíz sorprendido pola súa negativa deixou entrever un xesto de desgusto e golpeando con forza coa maza na mesa, berrou:
―O xuízo está visto para sentencia. Os acusados, consideradas as probas que hai na súa contra, son condenados por desordes públicas e atentado á autoridade a dous anos de cadea. Levántase a sesión! Que se leven ós condenados!
Pouco despois “Linguasolta” e “Bocapechada” se atoparon no patio da cadea.
―Críame aforcado. Por que non cantaches? Estaba seguro de que ías confesar como un paxariño.
―E eu estaba seguro de que ti ías a manter pechada a boca. Se eu tivera falado, como din que adoito facer, ti estarías, non coa boca pechada, senón coa lingua de fóra.
E de seguido os dous amigos déronse unha forte aperta e botaron unha gran gargallada. A partir de entón “Bocapechada” non parou de falar e “Linguasolta”, calado, non deixou de escoitar con atención.

*O caso é, que un día tal coma hoxe do ano 2089, os curas viven a corpo de rei, e uns e outros campan polos seus respectos, mentres eu máis o meu editor podrecemos nesta cadea por teren publicado esta inocente historia e negármonos a delatar ó noso impresor. Coido que este conto non vai rematar tan ben.

martes, 6 de octubre de 2009

VÍCTOR JARA


Ilustración de XAVIER DANS MAYOR

Lembrando a súa memoria

O cantautor chileno Víctor Jara Martínez, nado en 1932 na Quiriquina (comuna de Chillán Viejo, Chile), director teatral, investigador do folclore e dos instrumentos indíxenas, actor, dramaturgo e libretista, acadou sona internacional como compositor e cantante popular. De orixe labrega, herdou da súa nai a afección pola música. Orfo aos quince anos, ingresou no seminario redentorista de San Bernardo no que permaneceu durante dous anos. En 1957 ingresou na Escola de Teatro da Universidade de Chile e alí coñeceu a Violeta Parra, quen o acolleu como discípulo.
En 1960 acadou o título de director teatral e se integrou no directorio do Instituto de Teatro, dirixiu varias obras e foi distinguido como mellor director do ano. En 1967 viaxou a Gran Bretaña para recibir un novo galardón polo seu traballo teatral e alí compuxo Te recuerdo Amanda, canción dedicada aos seus pais Amanda e Manuel, un dos seus traballos máis populares: Te recuerdo Amanda, / la calle mojada, / corriendo a la fábrica / donde trabajaba Manuel. / La sonrisa ancha, / la lluvia en el pelo, / no importaba nada, / ibas a encontrarte con él, / con él, con él, con él, / que partió a la sierra / y en cinco minutos / quedó destrozado: / suena la sirena / de vuelta al trabajo, / muchos no volvieron, / tampoco Manuel. Nese mesmo ano publicou o seu primeiro álbum musical titulado Víctor Jara e un ano despois integrouse como director artístico no grupo de música popular Quilapayún. Pongo en tus manos abiertas, o seu segundo álbum (1969), coincidiu co respaldo que lle prestou á candidatura da Unidade Popular de Salvador Allende. En 1970 publicou Canto libre, El derecho de vivir en paz e La población, traballos de gran sensibilidade e forza poética que lle deron sona como un dos máis salientables persoeiros do rexurdimento e a innovación da canción popular latinoamericana.
As súas cancións tocaban temas sobre o seu pobo e os seus problemas, en liña das dos cantautores da época: o seu éxito internacional levounas máis aló do seu Chile natal para ser cantadas nas manifestacións ou concentracións universitarias progresistas de distintos países, entre eles España.
O golpe de Estado do xeneral Augusto Pinochet contra o presidente Salvador Allende (promovido polos EE UU*, 1973) sorprendeuno na Universidade Técnica do Estado (Santiago de Chile). Detido xunto a profesores e alumnos, foi trasladado ao Estadio Nacional de Santiago de Chile, onde permaneceu varios días. Segundo numerosas testemuñas, torturado durante horas, golpeado nas mans coas armas ata fracturarllas, finalmente foi cribado a balazos o 16 de setembro de 1973.
Membro do comité central das Xuventudes Comunistas de Chile ata o momento do seu asasinato, durante o seu encadeamento escribiu Somos cinco mil, ao parecer o seu último poema: Somos cinco mil / en esta pequeña parte de la ciudad. / Somos cinco mil. / ¿Cuántos seremos en total / en las ciudades y en todo el país? / Sólo aquí / diez mil manos siembran / y hacen andar las fábricas. / ¡Cuánta humanidad / con hambre, frío, pánico, dolor, / presión moral, terror y locura!
En 1990 a Comisión da Verdade e Reconciliación determinou que Víctor Jara foi cribado a balazos (44 proxectís impactaron no seu corpo), guindado o seu cadáver a unha matogueira nos arredores do cemiterio Metropolitano (as beiras da estrada 5 Sur) e trasladado posteriormente ao depósito, onde sería identificado pola súa dona, a inglesa Joan Turner.
Como triste paradoxo á súa memoria, en 2003 o recinto no que foi asasinado Víctor Jara (e miles de chilenos máis) pasaría a denominarse Estadio de Víctor Jara. E en 2009 a Corte de Apelacións de Santiago de Chile, seguindo os procedementos habituais nos casos de ditaduras (chibos expiatorios), ratificou o encarceramento do ex soldado do exército Xosé Paredes Márquez (daquela con dezaoito anos), responsabilizándoo do asasinato do intelectual chileno. Con todo, as investigacións realizadas insisten en que Víctor Jara xa estaba morto no momento en que Xosé Paredes cribou o seu corpo a balazos: «disparoulle un oficial na caluga, morrendo de contado».


* Mario Amorós [www.rebelion.org/hemeroteca/chile/030823amoros.pdf], segundo un dos documentos desclasificados, afirma que o 6 de novembro de 1970, tres días despois de que Salvador Allende asumise a presidencia de Chile, Nixon inistiu en que os EE UU debía «estragar drasticamente a economía chilena». Durante os tres anos seguintes Washington entregou case oito millóns de dólares a grupos políticos (ao Partido Demócrata Cristián e ao Partido Nacional, sobre todo) e sociais (Patria e liberdade, de caracter fascista, e organizacións empresariais e profesionais enfrontadas a Allende), así como a medios de comunicación, en especial ao influínte diario conservador El Mercurio. Estas accións encubertas complementáronse cun boicot financeiro que converteu Chile (cuxa economía dependía da estadounidense) nun ‘Vietnam silencioso’, segundo denunciou o propio presidente Salvador Allende no seu discurso ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (1972). Outro documento da CIA, datado o 27 de setembro de 1972, recolle que o xeneral Pinochet (segundo algúns, antes un estrito constitucionalista) cambiou a súa forma de pensar e que Allende debe ser forzado a abandonar o poder e dispuña como únicas alternativas a súa eliminación física. Por aquel entón, na súa viaxe a Panamá, oficiais estadounidenses aclaráronlle a Pinochet que EE UU apoiaría a sublevación antigobernamental «cando chegue a hora e con todos os medios necesarios». A través da documentación desclasificada reflíctese o cable que un dos axentes da CIA enviou o 8 de setembro de 1973 aos seus superiores: «De acordo con [...], a Mariña prevé como data de inicio do movemento para derrocar ao Goberno de Salvador Allende en Valparaíso ás 08:30 do 10 de setembro. A Forza Aérea (FACH) apoiaría esta iniciativa despois de que a Armada inicie as accións para tomar a provincia de Valparaíso, dirixir un ultimato esixindo a renuncia de Allende ou ameazando con tomar Santiago [...] Logo de que a Armada emprenda esta acción contra o Goberno, a FACH silenciará as emisoras de radio gobernamentais. Ao mesmo tempo planea establecer unha cadea nacional usando as estacións radiais da oposición, tales como as emisoras Balmaceda, Minería e Agricultura».
Os miles de documentos desclasificados por EE UU confirman o extremo compromiso da súa intervención en Chile durante os anos setenta. O informe Hinchey (1974-1977), sinala ao xefe da sinistra Dirección Nacional de Intelixencia (DINA) como informador da CIA, que ademais de telo a soldada, a axencia estadounidense estudou a posibilidade de recrutalo como un dos seus axentes permanentes: Vernon Walters, subdirector da CIA, recibiuno en Washington en agosto de 1975, co fin de coidar «as boas relacións con Pinochet».

miércoles, 30 de septiembre de 2009

RELATOS Á INVERSA


O derradeiro tiro na caluga
(Xarope composto a base de folgos e latexo de persoa)
Por XAVIER DANS MAYOR

Recoñecín ó meu home polas costas, volvín os ollos para a súa cabeza e considerei con atención a vida que os homes viven. Nada encontro nela que a diferencie da vida que viven os animais. Uns mailos outros son botados inconscientemente ó remuíño do mundo. Tanto o home coma o animal se esposan a vida cun xugo e dormen aí. Nin un nin outro se liberan da lei fatal de ser como se é. Ningún transcende, ninguén chega máis aló. Somos dados.
Collín alento e seguín ó home. Tiña unha misión.
Non me avergoño de sentir así porque xa vin que todos senten así. O que pode haber de desprezo entre un home e outro home (de indiferente que permite que se mate a xente sen que se sinta que se mata, como entre os asasinos; ou sen que se pense que se estea a matar, como entre os soldados, ou coma min que... teño unha misión) é que ninguén presta a debida atención ó feito, semella que insultante, de que os outros son almas tamén. Almas que soñan.
Achegueime tanto ó home que seguía que case que se deu de conta ó sentir, na caluga, o alento da miña respiración.
Tiña unha misión e tentei a arma contra o meu peito. De súpeto sentín unha cousa semellante a tenrura por ese home, e logo o desprezo que se sente pola vulgar condición humana, sentín a xenreira pola autoridade, polo patrón capitalista, polo banqueiro, polo pequeno burgués, polo militar e o policía, polo político e os seus secuaces, pola artificialidade animal daquelas costas vestidas. Sentín desprezo, e que todos eran culpables por igual; collín folgos e tentei a arma que tiña no meu peito e o meu corazón latexou…tenteina e dubidei.
Unha nova sensación asaltoume: sentín o mesmo que se sente cando se está perante de alguén que dorme. Lembrei aquela frase que tanto me tiña repetido a miña nai cando medroso non quería durmir: «Todo o que durme e meniño de novo». E eu, agarimado, ficaba placidamente durmido. Agora penso que talvez mo dicía porque no sono non se pode facer mal ningún e polo tanto ninguén che pode facer mal. A miña nai sempre foi moi devota. Por esta razón, se non se pode dar conta da vida, o maior malfeitor, o meirande egoísta é sagrado, por unha bondade natural, en canto durme.
Latéxame o corazón e sinto que a misión curta o alento da miña respiración.
Agora as costas dese home dormen e eu tento a miña arma. El, que camiña ó meu mesmo paso diante de min, dorme. Vai inconsciente. Vive inconsciente. Dorme porque talvez sexa inocente e porque todos durmimos. Toda a vida é un soño. Ninguén sabe o que fai, ninguén sabe o que quere, ninguén sabe o que sabe. Nin eu mesmo sei quen son…mais tento a arma que está contra o meu corazón e iso me fai forte. Durmimos a vida, eternas crianzas do destino! Por iso agora sinto unha piedade compasiva por toda a humanidade infantil, por todos os homes dormentes, por todos nós, por todo…e tamén polo home que camiña por diante.
Mais eu tento a arma que levo ó carón do meu corazón e sento os folgos da miña respiración.
Desvío os ollos da caluga do home que sigo e percorro coa vista a cantos camiñan por esta rúa; en todos vexo a mesma bondade fría e absurda e reflíctome nas costas do que teño diante. Todos os camiñantes son iguais ca el, ó que ando a seguir. Todos somos levados pola mesma inconsciencia, diferenciada tan só por uns rostros e uns corpos individuais: carnes que, coma monicreques, se moven polos fíos que son tirados polo destino. Tento a arma que levo ó carón do meu peito e pregunto se o destino do que vai diante xa está escrito. Pregunto se xa o escribín eu ou se xa estaba escrito na eternidade. Miro para todos os que camiñan pola rúa e aparentan ter conciencia, e non teñen conciencia de nada, porque non teñen conciencia de ter conciencia. Eu mesmo son inconsciente: durmo e sinto o alento do meu peito e o latexo do meu corazón.
Durmo e soño que sigo as costas dun home que durme. Seica hai que perder o medo, o medo a facer dano. Acaso non é certo que nos danan a cotío sen remordementos? Que é unha vida, animal ou humana, canto vale? Somos coma formigas que andamos a seguir todas o mesmo camiño. Que acontece se esmagamos unha formiga? Nada, outra a substitúe. Canto paga unha vida no conxunto do universo? Nada. Vai parar de dar voltas ó mundo porque unha formiguiña deixe de existir? Non. Somos coma formigas. O universo todo enteiro é unha formiguiña, un non ser que se pode esmagar. Non somos nada e non paga a pena persistir no ser. Bótolle unha nova ollada ás costas do home que estou a seguir e tento a arma que levo no meu peito. Tomo alento e síntome máis forte. Teño unha misión.
E agora que me estou a facer estas reflexións, me vén ó maxín unha escura e case que esquecida escena da miña nenez. Recordo ó meu avó co polo que estivemos a alimentar coas nosas mans, e co que eu, cheo de ledicia, adoitaba a xogar, cacarexando, apertado contra o seu corpo mentres loitaba desesperadamente por fuxir. Eu debería ter escasamente trece anos e fiquei abraiado cando o meu avó me espetou de súpeto: «Xa tes idade fillo, heite facer un home!». E púxome de seguido un coitelo na miña man de cativo. Eu non entendín o que me quería dicir, era demasiado novo. Mais el, seguro do que tiña que me ensinar continuou: «Xa tes idade dabondo para aprender o que na vida hai que facer para poder comer: cúrtalle o pescozo ó polo, xa que matar e o único xeito de subsistir». Eu chorei e chorei, coas bágoas nos ollos supliqueille e prometinlle que a partir de agora seria bo e nunca máis lle faría mal ó meu irmán; pero non, non me deixou opción: «Se non sacrificas este polo agora mesmo, pasaras fame o resto da túa vida!». Non tiven saída: apertei con forza o polo contra o meu peito e corteille o pescozo sen deixar de chorar. Hoxe en día aínda sento no meu peito o latexar do seu corazón. O polo sen cabeza correu polo chan da cociña ata que, pasados uns interminables minutos, finou. A continuación, desangrámolo, metémolo nun balde con auga fervendo, desplumámolo, e a miña avoa botouno nun caldeiro. Ese día comemos polo de curral, asado, mentres eu non deixaba de chorar, pero me fixen un home!
E neste intre que me levo a man ó meu peito e tento o revólver ó carón do meu corazón, lembro a aquel polo co que xogaba. Iso me fai forte.
Teño unha arma na miña alma. E a miña alma no teu corazón.





lunes, 28 de septiembre de 2009

SEAGA


Chegan os autobuses ao mitin do PP


SEAGA mobilízase.


A garda civil protexe os intereses do PP.

Traballadores de SEAGA, S.A.
esixiron en Silleda solucións

Coincidindo co mitin de Rajoy e Feijóo, traballadores de SEAGA mobilizáronse o pasado sábado 26 de setembro para esixir unha solución aos seus problemas laborais: «traballo en precario e eventualidade». Segundo información dos mobilizados, máis de 2.000 persoas desta sociedade pública descoñecen o seu futuro laboral. Con tan só «cinco traballadores fixos», áchase en precario, dado que «as encomendas para as que estamos contratados finalizan o 31 de decembro».
«O BNG nos explotou e o PP nos despide», afirman os traballadores de SEAGA. Os mobilizados prestan servizos na empresa realizando tarefas de extinción e prevención de incendios tanto no verán coma no inverno, así como outras labores relacionadas co agro (identificación de vacún e ovino-cabrún, enquisas de hixiene de produción primaria, vacinación e toma de mostras de lingua azul, asistencias técnicas, etcétera).
Adscrita á Consellería do Medio Rural, a empresa Servizos Agrarios Galegos, S.A. (SEAGA) creouse en 2006 «para a realización, como medio propio da Administración galega, e ao seu servizo, de todo tipo de actuacións, obras, traballos e prestación de servizos en materias forestais, especialmente relacionados coa prevención e loita contra os incendios forestais, en particular e, en xeral, intervencións de carácter urxente relacionadas cos lumes forestais».
Con todo, na súa web
http://www.epseaga.com, SEAGA continúa a ofertar distintos postos de traballo (sobre todo, técnicos). [Fotografías de CLELIA ZUCCA]




lunes, 31 de agosto de 2009

CASTRO DE ELVIÑA (A CORUÑA)


‘A nosa terra é nosa e non de Fenosa!’

Dito popular, acuñado polos veciños das Encrobas cando a compañía eléctrica Fenosa, protexida por un decreto franquista, pretendeu botalos das súas terras. Esta empresa instalou, tamén coa conivencia do réxime, unha torre de alta tensión na croa do castro de Elviña. Todo isto aconteceu pouco antes de que o castro coruñés fose declarado BIC (Ben de Interese Cultural). Unha posterior sentenza do contencioso administrativo pedíalle a Fenosa que retirase a torre. Na actualidade, dita torre fica no seu emprazamento orixinal.
O castro de Elviña, polo seu interese singular, foi catalogado polo Concello da Coruña (1985) como antigo asentamento habitado, con murallas pétreas, cabanas de distinta tipoloxía (circulares e rectangulares) e fonte-alxibe de características romanizadas.
Xoán Busquets, redactor da revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbanística Municipal (PXOM) da Coruña, solicitou a eliminación no castro da torre de alta tensión de Fenosa, salientando a inconveniencia de manter unha gran torre eléctrica en metade dun castro de interese histórico e turístico en fase de recuperación (por certo, moi lenta). Pola súa parte, Xosé María Bello Diéguez, director do Museo Arqueolóxico da Coruña, entende que o impacto que a torre exerce sobre o visitante é negativo e sinala a ilegalidade da instalación da torre no castro, «dado que naquel momento, o asentamento achábase xa en proceso de recoñecemento como monumento histórico nacional, cualificación que acadou en 1962».

viernes, 14 de agosto de 2009

'TÍA ANA MEU'


Ilustración de Xavier Dans Mayor

'Tia Ana Meu'

Por XAVIER DANS MAYOR

Onte, debruzado sobre a barra dun bar, bebendo unha cervexa, un compañeiro de esmorga chamou a miña atención a propósito da madeixa de debuxiños de cores que escintilaban na pantalla do computador que reproducía a música electrónica que estabamos a escoitar:
―Fita para aí, meu! Non é tal cal coma unha viaxe no tempo?
Eu, incrédulo, respondinlle:
―Abráiaste e non sei de qué. Quéresme dicir que non coñeces a mascara do ‘Juimdons Meia’?
―Non! ―dixo el.
―Como non? ―inquirinlle―. Se é unha aplicación elemental, un simple algoritmo gráfico.
―Pois non, non a coñezo nin quero coñecela. Máis aínda, non coñezo nada de computadores e estou completamente en contra do seu uso ―e engadiu―. A informática semella unha tiranía que vai a rematar co verdadeiramente importante: as cousas feitas a man.
―Non é que estea en desacordo contigo ―contesteille―. Eu tamén valoro o feito artesanalmente, pero cos tempos que corren, non está de máis adquirir uns mínimos coñecementos.
―Xa! Hoxe en día din que a ‘Internete’ e a revolución, pero eu penso que se existe a revolución está noutra parte. A revolución pasa por prescindir da tecnoloxía e volver ó tradicional ―afirmou.
―Non che sei, que farías ti sen o teu coche? ―repliquei―. Eu quedei fixado na revolución anterior, no movemento contra as máquinas, si, mais unhas máquinas máis primitivas: os automóbiles. E é unha protesta perdida, pero escoita ―continuei―, vouche contar o que penso diso que adoitan chamar revolucións:
―Hai uns poucos días cumpriuse o décimo ou o duodécimo aniversario (non o recordo ben xa que os días esvaécense na miña vida coma a auga collida coas mans para saciar unha gorxa sedenta) da revolta de ‘Tía Ana Meu’. O que aconteceu é un exemplo da dobre moral de Occidente. Aquelas datas ficaron gravadas en todos nós por unha imaxe que percorreu o mundo á velocidade da luz e que se converteu nun símbolo universal da liberdade, nunha bandeira pola loita dos dereitos civís e unha mostra da perversidade da moral burguesa.
«Os medios de comunicación e os gobernos occidentais repetiron ate a saciedade a valente acción dun anónimo cidadán que coa simple forza da súa presenza era quen de deter o avance dunha columna de blindados encamiñados a reprimir as protestas dun pobo descontento. A escena reflectía a un home interpoñéndose unha e outra vez no camiño dun blindado e o blindado tratándoo de o evitar unha e outra vez para non o atropelar. As democracias burguesas ergueron ao cumio das liberdades esta sinxela acción e convertérona nun mito, nun exemplo de cómo o peixe pequeno fai fronte ó peixe xigante.
«Mais alguén estaba a filmar a escena, que talvez non era tan espontánea nin inocente coma semellaba, xa que de seguro estaba amañada. Daquel chinés nunca máis se soubo: desaparecido, preso, morto ou quizais no retiro. Escuso estenderme nos detalles porque é de todos coñecida esta imaxe; pero representa coma ningunha outra a dobre moral. A dobre moral occidental que enxalza unha revolta alén das súas fronteiras e reprime con máis forza aínda calquera sinal de protesta nos seus propios territorios. Si! Reprime. Por que me miras así, meu? Respóndeme ti, meu. Que marxe de manobra temos os cidadáns nun réxime capitalista?
«Voucho ilustrar cunha sinxela parábola. Que acontecería se un só home, co seu corpo como única arma, se enfrontara nunca autoestrada a unha columna de automóbiles? Seica o automóbil e a gasolina son a pedra de toque ao redor dos que xira toda a servidume capitalista. Protesta e paraliza a circulación dunha autoestrada como reposta á tiranía dun sistema baseado na industria do motor que nos escraviza. Se cruzando un paso peonil non garantimos a nosa integridade física, que seria de nós se pretendemos mudar o sistema detendo o tráfico coma o chinés encarou o blindado?
«O máis seguro é que o primeiro condutor non teña tanta misericordia coma o do carro de combate. De certo que nos atropelaría. Atropelo, esa é a moral democrática contemporánea. Con todo, se foramos quen de parar o tráfico, ao pouco teriamos aos gardas canda nós cominándonos a depoñer a nosa actitude. Pediríannos os papeis e nos desaloxarían do “espazo público”. Non é doado mudar as cousas. E isto, a primeira vez; a segunda levaríannos de paseo na ‘leiteira’ ate o cuartel e poñeríannos unha multa por desordes públicos. O cambio merece un esforzo. A terceira levaríannos perante un xuíz, que nos condenaría a traballos comunitarios ou a unha pena de cárcere. Ninguén nos dixo que a vida fora de balde. E a cuarta ocasión… A cuarta ocasión talvez nos ingresaría nun psiquiátrico, no que coa medicación, toleariamos, e ficariamos internados o resto da nosa vida. A revolución cumpre un pequeno sacrificio. Así pois a cadea perpetua, e aquí tes un bo exemplo dos auténticos dereitos democráticos.
«Do peón antisistema nunca máis se soubo... Unha contradición máis do sistema. A mentira, a hipocrisía democrática. Si! Si! Eu sigo defendendo ideais utópicos. Si! Son un idealista. Son un idealista, porque creo. Porque si. Porque si podemos, porque se pechamos unha única estrada do mundo, se construírmos unha soa barricada abriremos un novo camiño de tal liberdade que o atasco será tan monumental que paralizaremos, non a comunicación entre seres humanos iguais, senón o tráfico do capital. O sistema financeiro virase abaixo. Por que? Porque si! Porque si podemos !
«Pero e mellor non o intentar... Porque non nos van deixar! Lembra o conto do ‘chiniño’! Sabemos cómo facelo, pero quizais non sabemos se realmente o queremos facer. E mellor pasar pola vida comodamente e deixar correr a auga... Ou mellor: gastar gasolina e deixar correr ós coches»
Cando rematei a miña explicación, case que extenuado, o meu compañeiro de esmorga replicoume:
―Ti toleaches, meu! Vai outra cervexiña?

viernes, 24 de julio de 2009

jueves, 23 de julio de 2009

CENTRAL OBREIRA GALEGA



Escisión no sindicalismo galego

Hoxe realizou a súa presentación na Coruña o sindicato Central Obreira Galega (COG) como «central nacionalista». Algúns dos seus membros foron fundadores da Central Obreira Galega (CUT), tamén noutrora escisión do considerado nacionalismo sindical de clase.

Os seus fundadores, entre os que se acha a nosa compañeira Clelia Zucca, entenden que a CUT «mantiña unha conduta antidemocrática e dirixista, que afectaba á liña sindical que asumimos no seu momento e que nos últimos oito anos desembocou nunha continua perda de cadros sindicais e finalmente na expulsión de case toda a comarca hai tan só uns meses».

A nova central, que pretende acadar un espazo no panorama sindical galego de clase, denuncia «a farsa autonómica, a espoliación dos recursos naturais galegos, as agresións constantes e reiteradas da cultura do noso país e a persecución da lingua».

Coa «democracia e o pluralismo como base», a COG denuncia tamén a inestabilidade das mulleres no mundo laboral e solidarízase «con todas as mulleres vítimas de malos tratos». Pretende, así mesmo, combater contra as «dinámicas domesticadas das centrais sindicais formais» e ofrécese para reorganizar o mundo laboral: «descontento, decepcionado e desorganizado», nunha aposta pola mobilización e a loita «como eixes fundamentais para a defensa das agresións da patronal e do propio capital, dende a honradez, entrega e responsabilidade e coa ilusión de devolver á clase obreira galega o seu papel protagonista».

martes, 14 de julio de 2009

HONDURAS


O GOLPE MORRE OU MORREM AS CONSTITUIÇÕES

Os países da América Latina lutavam contra a pior crise financeira da história dentro duma relativa ordem institucional.

Quando o Presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, de viagem em Moscovo para abordar temas vitais em matéria de armas nucleares, declarava que o único presidente constitucional de Honduras era Manuel Zelaya, em Washington a extrema direita e os falcões faziam manobras para que ele negociasse o humilhante perdão pelas ilegalidades que os golpistas lhe atribuem.

Era óbvio que tal acto significaria diante dos seus e diante do mundo o seu desaparecimento do cenário político.

Está provado que quando Zelaya anunciou que regressaria no dia 5 de Julho, estava decidido a cumprir a sua promessa de partilhar com o seu povo a brutal repressão golpista.

Com o Presidente viajavam Miguel d´Escoto, presidente pro tempore da Assembleia-geral da ONU, e Patrícia Rodas, a chanceler de Honduras, bem como um jornalista de Telesur e outros, para um total de 9 pessoas. Zelaya manteve a sua decisão de aterrar. Sei que em pleno voo, quando se aproximava de Tegucigalpa, desde terra lhe informaram a respeito das imagens de Telesur, no instante em que a enorme massa que o esperava no exterior do aeroporto, estava a ser atacada pelos militares com gases lacrimogéneos e fogo de fuzis automáticos.

A sua reacção imediata foi pedir altura para denunciar os factos por Telesur e demandar aos chefes daquela tropa que cessasse a repressão. Depois lhes informou que procederia à aterragem. Então, o alto comando ordenou obstruir a pista. Em apenas uns segundos ficou obstruída por veículos de transporte motorizados.

Três vezes passou o Jet Falcon, a baixa altura, por em cima do aeroporto. Os especialistas explicam que o momento mais tenso e perigoso para os pilotos é quando naves rápidas e de pouco porte, como a que conduzia o Presidente, reduzem a velocidade para fazer contacto com a pista. Por isso acho que foi audaz e valente aquela tentativa de regressar a Honduras.

Se desejavam julgá-lo por supostos delitos constitucionais, por quê não lhe permitiram aterrar?

Zelaya sabe que estava em jogo não só a Constituição de Honduras, mas também o direito dos povos da América Latina a eleger os seus governantes.

Honduras não é hoje apenas um país ocupado pelos golpistas, mas também um país ocupado pelas forças armadas dos Estados Unidos.

A base militar de Soto Cano, também conhecida pelo nome de Palmerola, localizada a menos de 100 quilómetros de Tegucigalpa, reactivada em 1981 sob a administração de Ronald Reagan, foi a utilizada pelo coronel Oliver North quando dirigiu a guerra suja contra a Nicarágua, e o Governo dos Estados Unidos dirigiu desde esse ponto os ataques contra os revolucionários salvadorenhos e guatemaltecos, o que custou dezenas de milhares de vidas.

Ali está a “Força de Tarefa Conjunta Bravo” dos Estados Unidos, integrada por elementos das três armas, que ocupa 85 por cento da área da base. Eva Golinger divulga o papel que tem essa base num artigo publicado no sítio digital Rebelião em 2 de Julho de 2009, titulado “A base militar dos Estados Unidos em Honduras no centro do golpe”. Ela explica que “a Constituição de Honduras não permite legalmente a presença militar estrangeira no país. Um acordo ‘de mão entre Washington e Honduras autoriza a importante e estratégica presença das centenas de militares estadunidenses na base, por um acordo ‘semi-permanente’. O acordo foi realizado em 1954 como parte da ajuda militar que os Estados Unidos ofereciam a Honduras… o terceiro país mais pobre do hemisfério.” Ela acrescenta que “…o acordo que permite a presença militar dos Estados Unidos no país centro-americano pode ser retirado sem aviso”.

Soto Cano é igualmente sede da Academia da Aviação de Honduras. Parte dos componentes da força de tarefa militar dos Estados Unidos está integrada por soldados hondurenhos.

Qual é o objectivo da base militar, dos aviões, dos helicópteros e da força de tarefa dos Estados Unidos em Honduras? Sem dúvida que serve unicamente para empregá-la na América Central. A luta contra o narcotráfico não requer dessas armas.

Se o presidente Manuel Zelaya não for reintegrado ao seu cargo, uma onda de golpes de Estado ameaçará com varrer muitos governos da América Latina, ou estes ficarão à mercê dos militares de extrema direita, educados na doutrina de segurança da Escola das Américas, esperta em torturas, na guerra psicológica e no terror. A autoridade de muitos governos civis na América Central e na América do Sul ficaria enfraquecida. Não estão muito distantes aqueles tempos tenebrosos. Os militares golpistas nem sequer emprestariam atenção à administração civil dos Estados Unidos. Pode ser muito negativo para um presidente que, como Barack Obama, deseja melhorar a imagem desse país. O Pentágono obedece formalmente ao poder civil. Ainda as legiões, como em Roma, não assumiram o comando do império.

Não seria compreensível que Zelaya admita agora manobras dilatórias que desgastariam as consideráveis forças sociais que o apoiam e só conduzem a um desgaste irreparável.

O Presidente ilegalmente derrubado não procura o poder, mas defende um princípio, e como disse Martí: “Um princípio justo do fundo de uma caverna pode mais do que um exército.”
[Artigo de Fidel Castro Ruz, publicado o 10 de xullo de 2009 como ‘Reflexões do companheiro Fidel’ polo Partido Comunista Cubano]

domingo, 28 de junio de 2009

HONDURAS


Fotografía de Clelia Zucca, tomada da CNN

EE UU propicia o golpe
de Estado en Honduras
O presidente Zelaya trasladado polos militares a Costa Rica

A dereita hondureña, apoiada pola CIA (Axencia Central de Intelixencia dos EE UU), provocou un golpe de Estado que desposúiu ao presidente constitucional Manuel Zelaya do seu mandado lexitimado polas furnas.
Os militares hondureños, seguindo ordes do capital financeiro nacional e axentes internacionais, trasladaron ao actual presidente da República de Honduras ata Costa Rica. O presidente Zelaya, nunha rolda de prensa en Costa Rica, aludiu á falta de democracia dalgúns grupos minoritarios hondureños (banca e multinacionais), aos que cualificou como antidemócratas: «En ningún país europeo sucede tal cousa, nin sequera nos EE UU, que son capaces de separar as cuestións xurídicas das políticas».
O aínda presidente de Honduras manifestou tamén que «espero regresar pronto ao meu país. Coido que o que se está a producir non durará moito, dado que se trata dunha cuestión totalmente fóra da realidade social do século XXI».
Por outra parte, o resto dos países latinoamericanos, e mesmo a UE, realizaron chamamentos formais esixindo o retorno á legalidade constitucional en Honduras.
Informacións relacionadas co golpe de Estado, estiman que grupos financeiros estadounidenses apoian á iniciativa da banca hondureña.
Lembrar que durante o mandado de Salvador Allende en Chile, multinacionais estadounidenses como ITT contribuíron ao golpe de Estado que levaría ao poder a Augusto Pinochet.

viernes, 26 de junio de 2009

TORRE DE HÉRCULES


Ilustración de Xavier Dans Mayor (2007),
propiedade de OLLO CRÍTICO (ACD)

Patrimonio da Humanidade

Antigo faro romano construído entre os séculos I e II da nosa era e reconstruído en 1791. No interior da fábrica de pedra do século XVIII consérvase case integramente o corpo da primixenia torre romana, cuxo probable autor, no monumento anexo, gravou o seu nome: C. Sevio Lupo.
O faro, declarado Ben de Interese Cultural en 1931, está situado nun pequeno outeiro á beira do mar, arredado da cidade da Coruña. Este faro supón unha das escasas mostras das obras públicas realizadas polos romanos na Galiza. A referencia máis antiga corresponde a Orosio [Paulo?], quen na súa Historiae Adversus Paganos (escrita entre os anos 415 e 417 da nosa era) reflicte que «secundus angulus circium intendit, ubi Brigantia Gallaeciae civitas sita altissimvm farvm et inter pavca memorandi operis ad specvlam Britanniae erigit».
Con algunhas variantes, Etico e o Ravenate mencionan tamén o faro. As referencias multiplícanse na documentación medieval así como en textos posteriores: nas crónicas e historias de Afonso X o Sabio, licenciado Molina, Florián de Ocampo, Castellá e Ferrer, Huerta, Sarmiento e Pascasio de Seguín, etcétera. As teorías sobre a orixe da torre de Hércules son moi diversas, tanto respecto ao seu fundador coma á época da súa construción (fenicia, romana...). Incluso as interpretacións sobre da inscrición que se atopa nas proximidades responden a criterios diferentes.

martes, 23 de junio de 2009

A PROSA E A POLÍTICA



Mirada allea


Por Afonso Sastre (Dramaturgo)
[Publicado en Gara, 21 de xuño de 2009]

Unha entradiña de urxencia. Apenas rematado este artigo, produciuse o último atentado -desta vez mortal- de ETA e as rituais respostas do PSOE e o PP. Todo iso parece pechar unha vez máis o círculo vicioso e acreditar que a paz neste país é definitivamente imposible. En tal situación, angustiosa sen dúbida, eu non podo menos ca manter teimosamente a miña esperanza e desexo remitir ás ideas xa expostas nos meus cinco artigos neste mesmo xornal (do 23 de setembro ao 18 de outubro de 2008), baixo o lema «Se queres a paz, prepara a paz». [
http://www.gara.net]

Así mesmo, nesta situación considero revalidado o pensar exposto no artigo escrito hoxe como os grandes temores nel expresados. En tales circunstancias, todo parece máis forte -e ata irresistible- ca o pensamento, pero as ideas claras teñen tamén a súa propia forza. É nesta convicción na que eu deposito a miña esperanza.

Alicia Stürtze estivo moi ben representando, tal como ela o fixo, o tema da relación, nunca analizada seriamente (que eu saiba, ao menos) entre a política e a prosa como expresión literaria, tema sobre o que eu, modestamente, algo dixen nalgún dos meus artigos na revista ‘Artez’.

Contra a postura burlesca de Molière, as miñas ideas sobre o tema da prosa poden resumirse así: eu estimo que nós na vida cotiá non falamos en prosa. E como é iso? Pois é, sinxelamente, porque na nosa vida corrente cando falamos en prosa non poñemos o coidado necesario -xeralmente porque non se dan as condicións para iso- para falar ben, isto é, para falar en prosa, sendo como é a prosa unha forma elaborada, artística, poética (que non quere dicir metafórica) da linguaxe corrente.

(Os nosos amigos non torcerán o xesto exclamando con desdén: «Vaia! Cuestións semánticas!», como se di efectivamente na vida para rebaixar a importancia de certas cuestións. Os nosos amigos saben que as ‘cuestións semánticas’ son moi importantes cando se trata de algo tan serio como é comunicármonos entre nós, isto é, romper as barreiras das nosas soidades. Se non comezamos por pórmonos de acordo sobre o significado que damos ás palabras que usamos, vanos serán os nosos intentos de entendérmonos).

As falas correntes -que aínda non son prosa propiamente dita- son linguaxes incorrectas pero necesariamente mentireiras, e algo semellante, pero ao revés, ocorre coa prosa, que é polo menos unha fala ou unha escritura ‘correcta’, e ás veces algo máis (poñamos, por exemplo, ‘brillante’) se é unha ‘boa prosa’, pero pode ser (e o é tantas veces!) un vehículo da mentira, un xeito de enganar a quen vai dirixida. A este tipo de prosa refírese Alicia Stürtze na primeira parte do seu excelente artigo.

A prosa é xa unha arte do falar e do escribir, coas súas regras (e as súas liberdades, claro), e esa arte pódese pór ao servizo de causas ética e politicamente impresentables, pero tamén e sobre todo debería estar ao servizo da verdade e da beleza, que non é (a beleza, digo), como xa o sabe a filosofía dende tempos remotos, máis ca ‘o resplandor da verdade’.

Hai, pois, unha prosa que, sendo boa como prosa, é mala no nivel da ética política? Na nosa opinión, a boa prosa é aquela que, ademais de elevar a fala vulgar aos dominios da arte (da poesía), non só non se serve desa ‘elevación’ para arredar ou incluso ocultar a verdade -comezando por desfigurar o real-, senón que se serve desa elevación para afondar na realidade a abrir nela os camiños da verdade e, en consecuencia, da xustiza.

Entre nós, deberiamos falar en boa prosa, e nunca -claro!- minguar as nosas expresións (Alicia Stürtze dío moi ben) con frases de «foi a hostia!», que nos arreda de saber, se non se pescuda no contexto, se o que ocorreu é estupendo ou polo contrario: horrible. Falemos ben, falemos ben. Iso para comezar.

Pero falemos non só ben senón ademais ‘bo’ (digámolo así): ou sexa, nunha prosa capaz de fundar e difundir as ideas da xustiza pendente e de reclamar as nosas liberdades, individuais e sociais. Rexeitemos, en suma, a prosa política ao servizo da mentira e da opresión. Saibamos que a mentira tamén é unha arte -unha das ‘belas artes’, como o era o crime para o irónico e xenial Thomas De Quincey- e que, así, hai unha arte de mentir, na que son mestres os políticos pegados aos poderes do capitalismo, que se desenvolve por e para o sistema, coas súas propias metáforas e toda clase de ‘belezas’ (adornos da súa vasoira).

A nosa prosa non falsea a realidade para ocultar a verdade, como fai a ‘prosa inimiga’, senón que nós atopamos as nosas verdades no corazón mesmo das realidades que se suceden no noso mundo, revelando o que ocorre certamente (a ‘realidade de verdade’) e que se nos oculta por todos os medios ao servizo da perpetuación destes horrores que vivimos a cotío. O noso é precisamente o lugar no que a poesía, a ética e a política (revolucionaria) se dan e se estreitan fraternalmente nas mans.

Polo demais, a ‘batalla das ideas’ exprésase nunha guerra das prosas que, tal como hoxe se practica en América Latina, baixo o prestixio de grandes dirixentes como Fidel Castro e Hugo Chávez, a quen Alicia Stürtze cita moi xustamente, ten unha orixe martiana e é o correlato ideolóxico ou, mellor, filosófico, dunha batalla das prosas ou, máis ben, as prosas son a expresión literaria desa batalla dialéctica que é o pensamento. Pois ben, entre as prosas latinoamericanas, tan abondosas en grandes glorias literarias, eu estou convencido de que se acha nun dos máis destacados lugares a ‘Segunda Declaración da Habana’ de Fidel Castro. Tamén Chávez é un gran prosista da xustiza e da verdade, que se expresa nunha fala brillante que xa quixeran para si quen o tachan despectivamente de ‘populista’.

Retornando ao noso continente, diremos que Europa é un dos espazos culturais onde na actualidade se dan as maiores perversións e usos mentireiros da prosa -unha prosa ao servizo da mentira- nos ámbitos político, ético e ideolóxico, o que evidencia unha base cultural moi pobre que ás veces roza o analfabetismo e outras directamente a infamia moral, como foi agora o caso dun dirixente do PP, Iturgaiz (de quen algunha xente que o coñeceu de mozo confesoume que entre os seus veciños era considerado como ‘o parvo do pobo’), quen expresou nunha prosa inmunda, propia dunha defecación, o seu desexo de que os miles de persoas que votamos a Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos para as eleccións ao Parlamento Europeo, sexamos ‘fumigados’. Nas súas sucias palabras advírtese unha miserable nostalxia histórica das cámaras de gas nazis. Que barbaridade! E non é perseguible de oficio esta ameaza de que unha boa parte da poboación que habita nos territorios do Estado español e que, precisamente, avoga pola paz e por unha negociación como única vía que podería conducir a ela, sexa pechada nunha cámara xigante e que se abra a espita dun gas letal? Que diría agora de nós se a alguén da nosa parte, nun mal momento, se lle ocorrese dicir unha barbaridade semellante referida ao señor Iturgaiz e aos seus correlixionarios? Como nos terían posto de violentos e perigosos asasinos e predicadores da morte?

Mais, seguindo o fío da cuestión, e dirixíndome agora ao PSOE, partido ao que me gustaría ver recuperando polo menos parte da súan honra perdida: É certo -incluso posible- que vostedes non vexan que o problema non é a existencia dunha pequena banda (pero ademais enorme) (!) de asasinos de longos cabeiros e sedentos de sangue que, como vostedes e os seus amigos din, só saben e desexan matar? É verdade, pois, que vostedes non ven algo tan visible como isto: que aquí hai un serio conflito político que só se resolverá en termos políticos? É verdade, en fin, que vostedes aínda non se decatan de que a solución deste conflito, que tantas dores carrexa, está na posibilidade dunha negociación? A que medios ‘máis contundentes’ se refire vostede, señor López? Vai seguir atrás das ideas gasóxenas dese pobre tipo do PP ao que citei antes?

De ser así, Deus nos colla confesados, porque nos agardarían e ameazarían tempos de moita dor en lugar da paz, que nunca se conseguirá, evidentemente, se o que vostedes deciden é aniquilar a unha parte maior ou menor da nosa sociedade nesas novas cámaras de gas inspiradas nese persoeiriño de Iturgaiz. Daquela, pobres de nós, pero tamén de vostedes!

Anexo sobre as referencias citadas: «Iturgaiz cre que Iniciativa deixou co cu ao aire ao Constitucional e pide fumigar aos acólitos da banda» (El Correo Digital, 25 de maio de 2009). Patxi López: «Dende logo, debemos ser, dende a política, moito máis contundentes á hora de intentar que non haxa espazo público ningún para quen non asumen as ferramentas da democracia» (?) «Por desgraza, ese mundo do abertzalismo radical aínda mantén a súa forza». (Gara, 11 de xuño de 2009). [Tradución: CLELIA ZUCCA]

viernes, 19 de junio de 2009

SINDICATO UNIFICADO DE POLICÍA


Pelotón de choque

'Pijo rojo'

Por Brais do Castro

O voceiro do Sindicato Unificado de Policía nomeou ao alcalde de Marín como ‘pijo rojo’ [pijo: ‘dito dunha persoa que no seu vestiario, modais, linguaxe, etcétera, manifesta gustos propios dunha clase social acomodada].


O alcalde de Marín, segundo el mesmo manifestou publicamente, criticou a un dos uniformados do pelotón policial que vixiaba a un grupo de manifestantes. «Un dos policías faltoulle ao respecto aos traballadores a través dun signo inequívoco do seu dedo. E iso podería ter causado un enfrontamento grave».


Pois ben, ao voceiro policial, que ve ‘pijos rojos’ a cotío, «abondan, cada dous por tres saen máis», non lle pareceu nada ben o comportamento da autoridade civil de Marín e, 'tras!', sen pensalo, patada na boca.


«O alcalde, se entende que a policía non actúa dentro da legalidade, debería dirixirse ao delegado do Goberno», afirmou o voceiro policial.


A cuestión é que, en situacións coma a acontecida, mentres a autoridade civil (que parece que só ten o mandado democrático para subir os impostos) trata de contactar coa autoridade policial, na maioría dos casos, prodúcense excesos de extrema gravidade, ás veces incluso con mortes.


A policía non debe provocar xamais. E os alcaldes, sexan ou non ‘pijos’, vermellos ou brancos, teñen unha obriga principal: mostrar a súa autoridade e defender á sociedade ante as provocacións das forzas policiais.

martes, 9 de junio de 2009

PARA QUE SERVE A MEMORIA HISTÓRICA?




Por Roi Carballido


En 1989 entre 400 e 800 persoas morreron na chinesa praza de Tian´anmen. Segundo fontes da cruz vermella, poderían ter sido moitas mais: preto de 1.200. Este masacre aconteceu porque o pobo tentou reivindicar o seu dereito á democracia e desafiou a eterna ditadura comunista que goberna na China.
Pasados vinte anos, a poboación dese país apenas lembra o acontecido. Contrariamente ao resto do mundo, non é un feito salientable na historia dos chineses. Isto débese ao bo funcionamento da ‘maquinaria do esquecemento’, que dita Administración botou andar a partir daquel día fatídico.
Durante os últimos anos a censura informativa (tanto en medios escritos coma audiovisuais, incluso na internet) orixinou que os propios chineses non se lembren de que un día foron quen de alzar a voz para reclamar os seus dereitos fundamentais ante as máquinas bélicas dos seus represores.
O Goberno chinés sempre apelou á reconciliación como escusa para censurar e enviar directamente ao pozo do esquecemento todo tipo de informacións sobre os feitos acontecidos en 1989 na praza de Tian´anmen.
O 4 de Xulio de 2006 Xaime Mayor Oreja, cabeza de lista do Partido Popular para as eleccións europeas, e autonomeado adaíl da democracia, negábase no Parlamento Europeo a condenar o franquismo, na compaña de dous deputados da penosa ultradereita polaca.
Estrañas as razóns que Xaime Mayor e o PP expuñan neste caso. Defendendo cousas tales como que o franquismo «forma parte da historia de España» e que «representaba a un sector moi amplo dos españois» e que «moitas familias [...] o ‘viviron’ con naturalidade e normalidade». Contrapuxo, tamén, o franquismo ao nazismo, ao afirmar que mentres que na Alemaña nazi había un único «verdugo», durante o franquismo conviviron dous «bandos que reprimían», froito dunha ‘guerra convencional’. Finalmente, sinalou que a guerra civil foi moito peor ca a ditadura franquista no País Vasco, describíndoa [a ditadura] como «unha situación de extraordinaria placidez».
A contumacia dos representantes do Partido Popular en ocultar, disolver, soterrar, esquecer ou minimizar os feitos acaecidos durante a guerra civil e o franquismo resultan cando menos sorprendentes da man dunha formación política que se xacta de ser un partido ‘liberal’. A técnica tende a ser moi semellante á utilizada pola ditadura chinesa. Ademais parece funcionar. Non hai mais que preguntar a calquera fillo da ‘constitución’, ou de menor idade, para decatarse de que apenas coñece nada sobre o noso pasado histórico mais inmediato, á par que doloroso. Aínda non chegamos ao ‘lavado’ de cerebro chinés, pero xogamos perigosamente con iso. E ademais, quen coñece a Historia e non a comparte é máis cómplice ca ninguén.
Somos, o ser humano, o único animal que tropeza dúas veces coa mesma pedra. Por iso é importante non esquecer en qué lugar estaba esa pedra. Qué forma tiña. Por qué batemos con ela...
Pouco se arranxa soterrando a dificultade. Algún día virán as choivas e a pedra, grande, afiada, volverá a parecer en medio dun gran bulleiral, converténdose nun obstáculo maior, nun problema máis grande. É importante que nunca esquezamos, moi importante que os nosos políticos sexan quen de manter viva a memoria. Pois é moi probable que no futuro nos enfrontemos a conflitos similares en concepto, ou que non sexamos quen de resolver outros latentes. Porque negamos a súa existencia cando son plausibles e reais. Non se trata de revanchismo, senón de aprendizaxe.

viernes, 5 de junio de 2009

INICIATIVA INTERNACIONALISTA


Mételles o medo no corpo!


Por Brais do Castro

Solidariedade entre os Pobos. Logo de que o Tribunal Supremo fallase a favor da ilegalización de Iniciativa Internacionalista / Solidariedade entre os Pobos (fallo rectificado posteriormente polo Constitucional), en Galiza un grupo de persoas asinou un manifesto ‘contra o proceso de impugnación e ilegalización’ da candidatura que incluía a Afonso Sastre como cabeza de lista ás eleccións europeas.
En dito documento, asinado con data 21 de maio de 2009, salientábase a oposición «ao proceso de impugnación da candidatura de Iniciativa Internacionalista-Solidariedade entre os Pobos», impugnación promovida polo PSOE, «un atentado», sinalaban os asinantes «contra as liberdades democráticas». O Tribunal Constitucional resolveu (case ao límite do prazo) quitarlle a potestade ao Supremo. E finalmente a candidatura II-EP foi admitida formalmente.

En Galiza asinaron 280 persoas. [http://www.iniciativainternacionalista.org/]. Entre elas aparecen nomes de persoeiros como Adolfo Pérez Esquivel, (pacifista), Manuel Rivas (escritor), Xosé Manuel Beiras (economista), Margarita Ledo Andión (catedrática), Miguel Anxo Fernán-Vello (poeta), Francisco Pillado Mayor (autor teatral), etcétera (ademais de varios colectivos, como o grupo Quenlla).

Que é Iniciativa Internacionalista? Defínese como a unión das forzas de esquerdas, non sometidas e independentistas: a esquerda estatal respectuosa cos dereitos nacionais dos distintos pobos oprimidos polo Estado español, así como de salientables movementos sociais e sindicais. O seu programa englóbase en cinco puntos: xustiza social (que pague a crise quen a provocou: o capitalismo), liberdades democráticas plenas (sen recortes civís nin discriminacións en lingua, cultura, etcétera), dereitos reais iguais para homes e mulleres (xurídicos e prácticos), dereitos políticos (autodeterminación e capacidade de decisión para a normalización de cada lingua e cultura) e Europa social e solidaria (a favor da Europa dos pobos e a favor da supresión da OTAN como elemento decisivo do capital financeiro).
Iniciativa Internacionalista-Soliedariedade dos Pobos (II-SP) cuestiona mesmo a lexitimidade do rei, dada a súa sucesión derivada das Leis Fundamentais do Movemento (estrutura xurídica baseada no réxime franquista) e enfróntase tamén a Constitución española debido á súa elaboración dirixida polo estamento do réxime anterior. Denuncian, polo tanto, a carencia de liberdades fundamentais (expresión e prensa, asociación ou manifestación), así como a existencia de presos políticos en España, referíndose especialmente a aquelas persoas encarceradas por profesar e defender proxectos considerados politicamente incorrectos polo sistema. A coalición reabre o debate sobre a desigualdade constitucional: se o xefe do Estado e a súa familia ten responsabilidade penal (dado que provén do anterior réxime totalitario), debería ser xulgado e condenado coma calquera outro cidadán.
Finalmente, a coalición condena o carácter represivo das forzas de orde pública, que actúan cun obxectivo principal de neutralizar á oposición política e social (con malos tratos, torturas, mortes en comisarías ou cuarteis, incluso con desaparicións, como a de Jon Anza, sen noticias del dende o pasado 18 de abril, logo de subir a un tren en Baiona, Francia).
A actitude dos medios de comunicación tampouco contribúen, segundo II-SP, a combater as grandes desigualdades socias, dado que están ao servizo do poder, son servís e corruptos e o seu labor consiste en lexitimar unha liña de continuidade simbolizada nun monarca establecido polo delincuente e criminal Franco.

Os seis primeiros d alista de II-SP. Afonso Sastre Salvador (escritor), Doris Benegas Haddad (Esquerda Castelá), Josep Garganté Closa (sindicalista da CGT catalá), Zésar Corella Escario (Chunta Aragonesista), Ánxela Maestro Martín (Esquerda Unida, sección Corrente Vermella) e Xosé Luís Méndez Ferrín (Fronte Popular Galega).
En Galiza, os candidatos de Iniciativa Internacionalista / Solidariedade entre os Pobos (II-SP) son Xosé Luís Méndez Ferrín, Xan Carballo, Ricardo Castro Buerguer, Cati Martínez Collazo, Manolo Besteiro e César Lago (militantes da CUT e da FPG). Pese a que algúns deles non son precisamente os máis correctos e representativos, dado o seu apego ao arribismo (caso de Xan Carballo, que nestes días anda metido nunha dinámica de desmembración da CUT na comarca da Coruña), cómpre ordenar as ideas para depositar un voto ‘excepcional’ nunha candidatura socialista global (Aragón, Andalucía, Asturias, Canarias, Castela, Euskadi, Galiza e Países Cataláns) que posibilite crebar coa dinámica cotiá de aliñamento burgués.

A cuestión do voto. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de xuño de 2004 (sobre un censo electoral de algo máis de 34 millóns de persoas) votou un 45,14% (algo máis de 15 millóns), cunha abstención do 54,86% (algo máis de 19 millóns). Con estas porcentaxes, para que Europa dos Pobos lograra o seu candidato debeu superar os 380.000 votos (o 2,45%). Isto é, para que a candidatura de II-SP estea representada no Parlamento Europeo no período 2009-2013 deberá repartirse como media entre cada unha das oito comunidades integradas na candidatura uns 45.000 votos. Cousa, por outra parte nada fácil, se temos en conta que a única candidatura independentista galega que superou os dous mil cincocentos votos foi Nós-Unidade Popular (unha porcentaxe do 0,02%).

lunes, 1 de junio de 2009

CHELO FACAL


Mostra plástica de Chelo Facal


‘COLECCIÓN/AS, ESPACIO DE ARTE’ PRESENTA
‘BOLBORETAS DE SOÑOS’

A pintora e escultora coruñesa Chelo Facal exhibe a súa obra na galería ‘Colección/as, Espacio de Arte’ sita na travesía do Orzán (arredores da rúa Xoán Canalejo) da Coruña. Trátase dunha exposición de 30 obras, repartidas entre cerámica e acuarela, que estará aberta ata o 30 de xuño de 2009.
Chelo Facal (A Coruña, 1953), formada na Escola de Arte Paulo Picasso da Coruña, iniciou a súa actividade artística en 1988, realizando exposicións en varias cidades galegas. A súa pintura flúe impulsivamente durante ese período e produce unha gran parte da súa obra (a máis prolífica, louca e divertida). Emprega óleos, ceras, tintas, lapiseiros, acuarelas, pasteis, acrílicos, anilinas ou barros. Realiza gravados e familiarízase coa escultura en pedra e achégase ás vidreiras. En 1992 o seu labor é menos impulsivo, máis estático e máis técnico. Entre 1995 e 1996 muda totalmente: o primeiro impulso primixenio (1988) aparece no bosquexo mesturado coa técnica de 1996, que complementa a súa creación.
Premio Internacional de Cerámica do Museo Pazo Módena (Italia, 2003).

viernes, 29 de mayo de 2009

AFONSO SASTRE


Afonso Sastre: «Hai escritores servís»

Exquisito. Á hora. Afonso Sastre, con 62 anos entre as súas canas, é un perfecto coñecedor da loita contra a indiferenza. Falar con el non é máis ca unha agradable sensación de vida. Recicla as culturas. Deféndeas. Ámaas. «Sería bonito ter amigos en todas partes». É a súa cariñosa despedida.

Afirma que a indefensión dos autores fronte ao sistema non é algo novo. «Calquera exploración que se realice pola historia da vida cotiá», engade, «do teatro, dos problemas presentados como os máis graves en cada momento, reflicten como resultado que as cousas foron sempre así, máis ou menos, pero sempre así».

Cando se trata do teatro español, está de acordo en que en ningún momento se institucionalizou o xeito do acceso das novas promocións á vida do teatro, «en calquera dos planos: dirección, autores, escenografía, etcétera».

Sastre coida que a aprendizaxe non é fácil, que aínda non se resolveu o problema. E no caso de pasar por unha aprendizaxe conveniente, que si é necesaria no caso dos actores, o seguinte paso, a incorporación ao teatro profesional, «sempre significa unha crise», di. E engade: «Non se acadou unha fórmula de acceso que normalizara estes oficios».

Relaxado no sofá do hotel, repousando a súa cabeza sobre o ombreiro, falamos de conflitos. Entende que no teatro profesional, «ademais desas dificultades correntes que ten calquera escritor, existen outras. No meu caso está o feito de que eu me distinguín dalgún xeito na organización da loita antifranquista, isto é, que duplicaba os problemas habituais. Tiñamos o problema de que eramos escritores e ademais o engadido de que eramos escritores antifascistas». O comentario da súa posible relación con ETA recibe unha sinxela resposta, significando que «non hai tal cousa». E que el mesmo tratará sobre iso na súa propia biografía, na que incluirá «varios temas máis, que prefiro non adiantar».

Na súa opinión, a institución teatral é moi reaccionaria, «moi conservadora e mira con escasa sensibilidade as ofertas que lle presentan algunhas persoas sobre cambios radicais». E asegura «que os problemas seguen a ser importantes» no trato coas institucións, incluso, di, «para un autor coma min, que son coñecido». Os novos, naturalmente, han duplicar os problemas, «dado que se tratan de estrear a súa primeira obra, téñeno francamente difícil».

Entre a ditadura e a democracia formal hai certa diferenza. Cambiaron algunhas cousas: «En certo modo agora non temos os problemas de antes: desapareceu a censura». Se ben, afonda: «Agora pódese escribir, teoricamente, en liberdade, pero na práctica prodúcense resistencias que proceden do carácter conservador da institución teatral e mesmo dos intereses políticos en xogo e que xa posúen carácter democrático formal, cos que se pode entrar en conflito polo feito de que un teña o pensamento máis radical, más de esquerda».

Cando falamos de obxectivos, explica que non ousa soñar cunha situación óptima «na que calquera escritor esquecese os problemas». E prosegue: «Na medida en que hai un compoñente crítico no traballo literario, coido que ese compoñente o traslada a un cara a unha posición crítica, se ben non é sempre así. Non todos os escritores están nesa posición. Hai escritores que se arriman ao poder, forman parte da servidume do poder. Isto tamén sucede. Pero quen se nega a formar parte da servidume do poder está sempre nunha situación de observación crítica do que acontece. E claro, iso é desagradable para o poder: o terte aí como unha especie de moscardo circulando ao teu redor, zumbando as súas críticas en torno ás realizacións que o poder pretende como óptimas», engade.

É de posicións críticas. E deféndeas. Afirma, mesmo, que «seguimos a ter problemas para desenvolver a nosa vida».

Que ten o poder para que unha vez instalado ese poder, incluso cando no ámbito dese poder se inclúen persoas que outrora foron críticas, antes do seu acceso ao poder, ese poder se transforme nun aparato conservador e reaccionario?
Sastre pregúntase tamén por qué acontece iso. «Persoas que onte vían claras moitas cousas, cando estaban na oposición crítica ao poder, unha vez que se establecen como poder mudan a súa filosofía converténdose tamén en parte do aparato conservador. Malia todo, nós tamén somos quen de imaxinar un tipo de poder revolucionario capaz de ser exercido sen consolidarse como unha institución conservadora, pero está por ver que as cousas acontezan desa maneira. Non obstante parece metafisicamente posible un poder con características diferentes ás dos poderes políticos que nós coñecemos, se ben os datos da propia experiencia convídannos a un certo pesimismo. Con todo, eu persoalmente, non desisto da esperanza de que cambien as cousas. Non me abato, pese a que, por exemplo, se dean casos como os que vimos nos últimos anos, como que o Partido Socialista Obreiro Español, que preconizaba a saída da OTAN, unha vez instalado no poder cambia absolutamente de opinión e decide que o mellor é que o Estado español se integre na OTAN».

Nada é definitivo, pese a todo. E Afonso Sastre aínda cre que existe a oportunidade para mudar o rumbo, «porque ma vida hai que crer en algo, dado que doutro xeito pasaríamos a ser uns desesperados, uns escépticos». E segue a ser marxista. Mais non un marxista de partido, un formalista, senón un creador de vida: «Eu xa era marxista antes de ler a Marx».

Das súas lembranzas, quizais o que describe con máis intensidade, son aqueles anos da guerra civil: «Os meus primeiros recordos refírense á guerra. Os tres anos de guerra que pasei en Madrid son recordos imperecedoiros. A fame. A fame que pasou o pobo de Madrid durante aqueles tres anos. E o terror que sufrimos baixo os bombardeos franquistas, que tiñan un carácter absolutamente indiscriminado: bombardeaban á poboación sen ningún escrúpulo. Lembranzas asociadas á fame e ao terror habitan moito na miña memoria daqueles anos».

Sen embargo non garda rancor a ninguén. Pese ao seu paso polo cárcere en dúas ocasións: «Primeiro durante un mes. E logo durante oito meses e medio. Foron episodios moi desagradables, nos que puxen a proba unha serie de enerxías que un ten, que un nega e ignora ata que se ve na necesidade de empregalas».
[Texto: Manuel Carballido, 1988 Tradución: Clelia Zucca]

SASTRE SALVADOR, Afonso. (Madrid, 1926). Cultiva todos os xéneros literarios (teatro, narrativa, ensaio e poesía e escrita de guións) e é autor de numerosos libros. Opositor á ditadura franquista, militou no Partido Comunista de España ata 1970. En 2009 foi elixido candidato de Iniciativa Internacionalista-Solidariedade entre os Pobos (II-SP) ás eleccións europeas, nunha lista conxunta na que está integrado o escritor vigués Xosé Luís Méndez Ferrín.


jueves, 28 de mayo de 2009

'BARÇA, BARÇA, BARÇA!'


Tres a tres

Por Ataúlfo de Ferabrás

Non hai dúbida de que o Barça é o mellor equipo de Europa. Se me apuran, o mellor equipo do mundo. E tal prodixio conseguiuse grazas ao traballo conxunto dunha sociedade que é máis ca un club: o reflexo dun país chamado Cataluña. Un país moderno, sen realezas, exemplar na súa dinámica de actualización e no seu estilo social. Un país de seu, que se quere, que se mima e que traslada ao deporte as súas propias ansias de liderado como nación independente. De aí o seu éxito e de aí a súa diferenciación sobre o resto do denominado, ambiguamente, Estado español (dado que a estas alturas xa non debería existir como tal).
O equipo español por antonomasia, o Real Madrid, catapultado ao abeiro do franquismo, foi xustamente a arma da ditadura (pan e circo) para que a sociedade esquecese a realidade cotiá do momento. E ao amparo da España fascista ‘gañou’ seis copas de Europa, das de entón. Pero a pluralidade terminou por imporse. E dende aquela última da temporada 1965-66, só conseguiu tres: 1997-98, 1999-99, 2001-02. Nesa nova xeira, o Barcelona acadou a súa primeira en 1991-92, antes ca o propio Real Madrid, e xa no século XXI lograría as outras dúas (2005-06 e 2008-09), que o emparellarían co equipo realista. Polo tanto, non vale iso de que o Real Madrid ten nove títulos europeos por tres do Barça. Establezamos a liña divisoria e definamos as diferenzas. O antes e o despois. E na nova etapa, na nova andadura só hai unha realidade: tres a tres. De momento.












jueves, 14 de mayo de 2009

TVE: MANIPULACIÓN SEN VERGONZA


Mestre (dereita) e discípulo
da arquitectura social de España


Por Brais do Castro

A televisión pública do Estado español cando manipula nin se ruboriza. E sábeo facer ben dado o seu currículo ao longo da súa vida (con ditador oficial ou con ditadores formais). Hai algo que arrepía ao Estado español: a liberdade de expresión. Non a entende porque non hai forma de entendela no contesto ‘nacional’ da denominada España-Patria-Única-Indivisible.
Que medo hai a que España se escache? Non hai nada máis ruín e raposeiro que impor calquera situación a forza de negar, esquecer, borrar, tapar ou violentar. Non hai nada máis intolerante que a propia intolerancia. Nin nada máis extremo que a forza da imposición por decreto.
España, segundo Franco, denominábase Unha-Grande-Libre, o que agradaba a unha gran maioría da súa sociedade, consciente ou inconscientemente. Na actualidade, Es-pa-ña, coa boca grande, mantén semellantes sinais de identidade: grande e unha. O de libre xa é innecesario dada a debilidade do vocábulo.
Esta España de ‘marca maior’ esixe respecto a símbolos pasados que xamais respectaron á vontade popular. E esta España pretende ser reflexo compacto dun mundo que a cotío se vai anovando, desprendéndose do seu pasado incerto e intolerante.
Seguindo o proceso evolutivo da historia, esta España desaparecerá algún día. O mesmo que desapareceron outras ‘españas’. E cando ese día chegue, esta España deberá, como mínimo, avergonzarse pola súa falta de sensibilidade e pola escasa consideración e respecto cara ás realidades sociais homólogas.

jueves, 23 de abril de 2009

HÓRREOS (O Courel, Galiza) [II]

Fotografías de Clelia Zucca, Roi Carballido e Brais do Castro

(Hórreos, Folgoso do Courel, Lugo abril 2009)

miércoles, 22 de abril de 2009

FERRAMULÍN (O Courel, Galiza) [I]

Fotografías de Clelia Zucca, Roi Carballido e Brais do Castro

(Ferramulín, Folgoso do Courel, Lugo abril 2009)

martes, 14 de abril de 2009

lunes, 30 de marzo de 2009


'Mirada allea'

A traballar, carallo!

Por XOÁN XOSÉ MILLÁS

No que a acción política ten de relato, aparecen insoportables mostras de esgotamento. Non é posible ofrecer aos espectadores (a iso quedamos reducidos os votantes) o mesmo guiso narrativo, requentado ao microondas, durante semanas (caso, por exemplo, do asunto de Kosovo). Métanse vostedes, os actores (a iso quedaron reducidos os políticos) nos zapatos dun cidadán en paro que leva sete días escoitando que se Kosovo si, que se Kosovo non, que se as formas, que se o fondo, que se agora estamos de acordo, que se agora discrepamos. E así un día e outro, unha hora e outra. Semella unha serie de TV atascada, unha serie de repetición, unha merda. Se iso ocorre nun asunto no que están de acordo, que tortura non nos infrinxirán cando discutan? Non hai nada peor para un relato que a previsión e son vostedes máis previsibles ca un mal chiste.

Tan previsibles son que nos acaban de confirmar o que sospeitabamos: que de 350 deputados só 34 teñen dedicación exclusiva (o resto vai cando hai votacións). Polo visto, corenta e seis millóns de cidadáns non se merecen 350 representantes a xornada completa. Resulta que o escano é unha chave para abrir portas, para sacar un sobresoldo. Iso si que é un escándalo, iso si que merecería dúas semanas de debate. Aí teñen a Michavila forrándose, a Pizarro forrándose, a López-Amor forrándose, a Ánxelo Aceves forrándose... Un comprende que lles falte tempo para construír o noso benestar, que (falando de incompatibilidades) é incompatible co seu. Pero vostedes coñecen a situación? Están ao tanto do que pasa? Teñen idea do que é o medo a quedarse sen traballo, o pánico á cola do paro, o terror a que o caixeiro automático devolva a túa tarxeta de crédito? Xa abonda, carallo, póñanse a traballar.
[Publicado en El País, venres 27 de marzo de 2009 / Orixinal da montaxe fotográfica: El País]

miércoles, 25 de marzo de 2009

ISIDRO DE LA CAL


Por que agora e para que?

Segundo publica El País (martes 24 de marzo de 2009), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) concederá avais por algo máis de vintecatro millóns de euros a tres grupos empresariais, entre eles a Isidro de la Cal. Seguindo a información do citado rotativo, o conselleiro Fernández Antonio xustificouno nas actuacións dirixidas a facilitar o acceso ao financiamento das empresas galegas para ‘manter o emprego’ e a actividade económica: «salvaranse [con esta inxección] máis de 300 postos de traballo», concreta o xornal.
A pregunta é: Cantos deses 300 postos de traballo corresponderanlle a Isidro de la Cal? Corenta? Trinta? Vinte? Ningún? E é seguro que eses cartos se destinarán xustamente á salvación de emprego? Porque ao señor Fernández Antonio, practicamente ex conselleiro, hai que preguntarlle se coñece que a empresa Isidro de la Cal (no seu centro de Cambre, A Coruña, rúa Zeppelin 11-12-13) vén realizando despedimentos de traballadores con contratos indefinidos dende hai un ano?

viernes, 20 de marzo de 2009

REPRESIÓN POLICIAL


‘¡Mucha policía,
poca diversión!’


Así avisaba un popular grupo de rock de recoñecido prestixio no campo da marxinalidade: La Polla. ‘Policía asasina!’ figurou tamén en moitas páxinas da historia dos enfrontamentos entre os defensores do capital e os escravos con pretensións de resistencia. E, en efecto, hai moita policía, sobre todo para reprimir, bater nos lombos e disparar cando a situación o demande. E moita tamén para defender aos políticos de primeira división e aos seus representados (banca, multinacionais, etcétera), pero pouca, ás veces ningunha, ao servizo do escravo, que é, en definitiva, quen constrúe o mundo dos primeiros.