jueves, 27 de diciembre de 2007


2008

Que é o que se lle podería pedir ao 2008? Talvez o primeiro sería a liberdade. A liberdade en ambos os dous sentidos: a liberdade física e a liberdade psíquica. A liberdade física para mellorar o modelo de vida individual que contempla a sociedade como un argumento plástico de propaganda e subordinación. E a liberdade psíquica para acadar estadios nos que a orixe da vida non predispoña sen máis ao contexto global da orientación dogmática.
Será isto unha grande esixencia?
O ano 2008 pertence ao século XXI e son vinte séculos de cen anos cada un, moito tempo para non reparar na fase na que nos achamos. Anos de 365 días, que suman numerosas horas nas que pasamos o tempo repetindo as repeticións. En suma, nunha sociedade na que tan só albiscamos parte das curiosidades tácticas reflectidas na propaganda ditada polos organigramas constituídos aleatoriamente para promulgar estratexias recorrentes. Non hai estado individual nin estadio presencial. As nosas diferenzas baséanse unicamente nas alternativas de movemento. Neste mundo que contemplamos sen ver, tan só estamos predispostos á suxestión que consideramos fórmula matemática para mostrar unha aparencia inexistente.
É posible que estas reflexións non combinen coas proposicións loxísticas argumentadas nestes tempos de desidia e fraxilidade. De seguro que tampouco coincidirían cos aqueloutros momentos pretéritos. E case con seguridade convirán menos co devir. Mais non nos enganemos. O noso pasado, presente e futuro non son nin máis nin menos ca o espello que nós mesmos esmiuzamos nos cantos das inquedanzas. E, queirámolo ou non, a nosa base natural non contempla un tránsito posibilitado pola condición sine qua non da inexplicable versión propiciada pola incerteza.
En todo caso, no 2008 mantemos a nosa aposta pola liberdade, malia que sexa un vocábulo inoperante ou esmagado por cantas veces foi maltratado, manipulado e aforcado. Alá. Neste pequeno país e nesta lingua de nai grande, vivamos a nación con valentía. A nación, con orgullo. A nación sen disimulo. Vivamos as Repúblicas Independentes. Todas sen distinción. Pese a todo. E pese a todos. Ata incluso sen bandeira, sen himno e sen marca. No noso propio corazón. E na nosa propia condición. OLLO CRÍTICO [Asemblea de Comunicación e Debate]

viernes, 9 de noviembre de 2007


‘MOBBING’ EN ISIDRO DE LA CAL

Na súa factoría de Bergondo (A Coruña), a empresa Isidro de la Cal segue a manter unha pauta de irregularidades. Á parte dos accidentes laborais, denunciados no seu día por este medio [imaxinario.blogspot.com, martes 28 de agosto de 2007], súmase agora o acoso ao que se achan sometidos varios dos seus traballadores. Entre as súas fórmulas de humillación ou ‘torturas contra a integridade moral’ dos traballadores [Proxecto de Lei de 15 de xaneiro de 2007 Modificación do Código Penal] salienta a de elevar a súa categoría para, logo dun tempo relativo, situalos novamente nas súas ocupacións primarias. Coa modificación do Código Penal castíganse, incluso con penas de prisión, aos ‘torturadores e abaixadores de empregados’, e vén tipificar o acoso «psicolóxico ou hostil nas relacións laborais, que humillan a quen as sufre, así como no marco doutras relacións contractuais, a alteración de condicións impondo situacións de grave ofensa á dignidade».
Con todo, Isidro de la Cal continúa coa súa política pretérita de menosprezo da dignidade da persoa, dado que supón unha clara ofensa á dignidade variar a categoría dun operario sen ningún tipo de explicación; menosprezo e humillación que estende a algúns dos seus empregados fieis que, sen atribución ningunha, se permiten exercer como ‘escravistas’ e incluso «despedir pola súa conta aos seus compañeiros». [en quince días, unha ‘operaria’ despediu a dous dos seus compañeiros]. Isto é, en Isidro de la Cal practicase o ‘mobbing’ en varias direccións.
A CUT (Central Unitaria de Traballadores), por outra parte, denunciou ante a Inspección de Traballo unha morea de irregularidades por parte da empresa: operarios accidentados por mor de ter que traballar en zonas destinadas a especialistas (corte con serra, etc.), horarios de traballo indiscriminados, contacto con líquidos fortemente contaminantes sen a debida protección, etcétera, etcétera. A Inspección de Traballo, logo de realizar a oportuna visita á empresa, segundo a CUT, non atopou «nada irregular; todos os traballadores consultados negaron realizar máis horas ca as contratadas». A inspectora, que parece que en lugar de inspeccionar pasou pola factoría a tomar un café e a condescender cos empresarios, quedou tan pancha coa resposta de que os tanques de lavado, con produtos químicos fortemente tóxicos (nun estraño idioma, talvez eslavo) non teñen ‘aditivo’ ningún. Saberá esa inspectora que son os aditivos e que son os produtos químicos perigosos? A esa mesma inspectora pareceulle ben tamén que un dos traballadores accidentados desacreditase as súas primeiras declaracións oficiadas ante a inspección. [informacións procedentes dos traballadores, que prefiren conservar o seu anonimato, salientan que este operario desdíxose debido a que a empresa acordou contratalo indefinidamente se ‘non denunciaba formalmente’]. Pese a todo, como sinala a CUT, «deuse un paso positivo: acadáronse botas de traballo, mandiletas para a auga, novos feches para os armarios roupeiros e estableceuse un calendario de traballo».
Con todo, o medo é a arma preponderante coa que conta a empresa, dado que ninguén ousa reclamar o establecido na Lei do Estatuto dos Traballadores ou no propio convenio. E a Inspección de Traballo argumenta, ante este tipo de argumentos sindicais, que «deberían denunciar os propios traballadores, cos seus nomes e apelidos», dado non «hai moitas posibilidades de sancionar ás empresas se estas son denunciadas só polos sindicatos». Seguindo esa análise, os ‘representantes dos traballadores’ serían innecesarios. E, ademais, os traballadores en xeral terían as de perder. Ou non? Información de Brais do Castro


DOCUMENTACIÓN. Isidro de la Cal recibiu en 2004 da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos unha subvención de 419.632, 65 euros, e en 2005 a cantidade desembolsada pola consellería superou os sete millóns catrocentos mil euros. A finalidade (destas contribucións financeiras dun organismo público á empresa privada) era a de «incentivar a creación, renovación e innovación tecnolóxica das empresas de transformación e comercialización dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura». A propia institución pública deberá desvelar se nos anos 2006 e 2007 este grupo de empresas recibiu subvencións semellantes ou superiores para o mesmo fin, dado que o Diario Oficial de Galiza áchase en mans privadas e hai que pagar por ‘descargar’. En calquera caso, polo menos na factoría de Bergondo (ou Cambre, segundo se mire), a maioría dos produtos que se manexan para a súa venda aos centros comerciais, veñen de países alleos ás nosas costas (Arxentina, Chile ou Perú). Por outra parte, unha factoría que apenas acaba de comezar (en 2006), produce cunha maquinaria obsoleta que necesita dun mantemento permanente. E, en xeral, a produción realízase nunhas condicións hixiénicas e sanitarias non compatibles coa empresa moderna do século XXI. En todo caso, as axudas que esta empresa recibe non se axustan para nada ao lema de ‘incentivar a creación, renovación e innovación tecnolóxica’ propugnada para ser merecedores destas subvencións. Polo contrario, se a xustiza realizase o seu labor, debería pechalas ou transferilas a mans máis honorables.


jueves, 8 de noviembre de 2007


IBARRECHE NON SERÁ PENALIZADO POLA CONVOCATORIA DO REFERENDO POLA AUTODETERMINACIÓN

Se ben a Lei Orgánica 20/2003, de 23 de decembro [que modificaba a Lei Orgánica do Poder Xudicial e o Código Penal no seu artigo segundo], facultaba o seu procesamento a través do artigo 576 bis, ‘castigando’ con «penas de tres a cinco anos de prisión e inhabilitación á autoridade que, carecendo de competencia, convocase consultas electorais ou populares pola vía de referendo [...]», logo da súa derrogación mediante a Lei Orgánica 2/2005, de 22 de xuño [10621 BOE], desaparece tal posibilidade. Segundo a nova modificación do Código Penal, queda suprimido o artigo 576 bis [así como o 506 bis e o 521 bis], referidos a «condutas sen a entidade suficiente como para merecer o reproche penal e menos aínda se a pena contemplada é a prisión». Neste sentido, este novo concepto que derroga os parágrafos anteriores, no seu razoamento aprecia que o «dereito penal réxese polos principios de intervención mínima e proporcionalidade, segundo reflectiu o Tribunal Constitucional, insistindo en que non se pode privar a unha persoa do seu dereito á liberdade se non é estritamente imprescindible [...] Así, no exercicio das potestades para convocar ou promover referendos sen atribucións legais, existen vías diferentes ás penais».
Se o Partido Popular fose realmente un defensor da Constitución e do Estado de Dereito [non só dunha España, que só uns cantos manteñen de xeito contumaz na súa cabeza], debería adaptarse á lexislación vixente e aplicar os seus esforzos en situarse nun contexto lexislativo que, por outra parte, en xeral, funciona principalmente para favorecer os seus intereses. Brais do Castro

lunes, 8 de octubre de 2007


‘ERNESTO GUEVARA: UNHA LENDA VIVA’, artigo de Brais do Castro [deseño superior de Xavier Dans Mayor] en ‘Imaxinario’, con información complementaria sobre algúns dos persoeiros protagonistas daquel acontecer histórico. O 7 de outubro, o Che, a dous mil metros de altura, sinala no seu diario: Cumpríronse, sen complicacións, bucolicamente, os once meses da nosa inauguración guerrilleira; ata as 12.30, hora na que unha anciá, pastoreando as súas cabras, entrou no canón no que acamparamos e debemos prendela. A muller non ofreceu ningunha nova fidedigna sobre os uniformados, contestando a todo que non sabe, que hai tempo que non vai por alí. Só deu información sobre os camiños; de resultas do informe da anciá, despréndese que estamos, aproximadamente, a unha legua da Higuera e outra de Xagüei, e a unhas dúas horas de Pucará. Ás 17.30, o Inti, o Aniceto e o Pauliño achegáronse á casa da anciá, que ten unha filla enferma e outra medio anana; entregáronselle 50 pesos, co encargo de que non diga nin unha palabra, pero con pouca esperanza, pese ás súas promesas, de que así sexa. Saímos ás 17, cunha lúa moi cativa, e a marcha foi moi fatigosa, deixamos moito rastro polo canón no que estabamos (sen casas nas proximidades, pero si con sementes de ‘papa’ regadas por canles do mesmo regato). Ás dúas, paramos a descansar, pois xa era inútil continuar o avance. O Chinés convértese nunha verdadeira carga cando hai que camiñar de noite. O exército deu unha rara información sobre a presenza de 250 homes en Serrano para impedir o paso dos cercados, en número de 37, sinalando o noso acubillo entre o río Aceiro e o Ouro. A noticia parece querer enredar. Máis información en: http://imaxinario.blogspot.com/

martes, 2 de octubre de 2007


Deseño de Xavier Dans Mayor.
Ver a tamaño orixinal en:
http://imaxinario.blogspot.com/

martes, 11 de septiembre de 2007


Salvador Allende Gossens (Valparaíso, 1908; Santiago de Chile, 1973) foi presidente da República de Chile dende 1970 a 1973. O 11 de setembro, un golpe militar propiciado por un xeneral do Exército chileno, apoiado polos EE UU, deu ao traste cun intento revolucionario de socializar un país pola vía da transición pacífica. Texto completo en: http://imaxinario.blogspot.com/


miércoles, 5 de septiembre de 2007


Clelia Zucca mostra as súas imaxes
tiradas en Cuba en 2006 en:
http://cleliazuca.blogspot.com/

miércoles, 29 de agosto de 2007


‘Á ATENCIÓN DO SEÑOR CASTRO RUZ’,
carta de Brais do Castro:
«Señor don Fidel Alexandre Castro Ruz:
Nestes días nos que Cubavisión Internacional
solicita aos demócratas do universo que se dirixan
ao goberno dos EE UU solicitando a liberación
de Antón Guerrero, Fernando González,
Xerardo Hernández, Ramón Labañino
e René González, alegando que se tratou
'dun xuízo político, non un xuízo normal,
nin un xuízo con carácter común como
queren presentar estes xuízos, foi un xuízo
político de pés a cabeza e eses compañeiros
son presos políticos nos EE UU...',
pois señor presidente da República de Cuba,
nós, pese a que descoñecemos con exactitude
a realidade das faltas polas que se lles xulgou,
dende aquí dirixímonos formalmente
ao goberno dos EE UU solicitándolle
humildemente a liberación dos
cinco ‘antiterroristas’, tal e como os denominan
en Cubavisión Internacional.»
Texto completo en:
http://imaxinario.blogspot.com/


XV FESTIVAL DE CERCEDA
(A Coruña).
A Gresca tirou o programa do XV Festival
de Cerceda (A Coruña), no que participarán,
«logo da foliada desenvolvida o pasado ano
en Barcelona», artistas cataláns mesturados
con artistas galegos. Máis información

martes, 28 de agosto de 2007

No centro de Bergondo (A Coruña) de Isidro de la Cal, tres operarios (un home e dúas mulleres) que traballaban na serra de corte perderon parte dalgún dos seus dedos das mans, «algún incluso non se decatou nun primeiro momento ata que outro compañeiro atopou o dedo na luva». Isto aconteceu na penúltima semana do mes de agosto de 2007. Máis información en: http://imaxinario.blogspot.com/

martes, 21 de agosto de 2007


‘A REVOLUCIÓN’, relato de Clelia Zucca.
«Aínda era noite pechada. A aeronave baixaba bruscamente buscando a pista de aterraxe. Para min, difícil, porque non albiscaba nada a través do ollo de boi do aparato. Cando por fin atinou, a pasaxe rompeu alborozada en vivas e aplausos. E eu estimei, entón, que aquilo debía ser cousa de moito risco, dado que doutro modo carecerían de sentido os escandalosos parabéns»: http://imaxinario.blogspot.com/



‘OS CALOTES DE ALCAMPO’.
Os consumidores reflícteno a través das súas queixas que «tampouco serven para gran cousa porque, logo de encher a folla de reclamacións, os organismos institucionais encargados de velar polos consumidores esquécense de todo. Ás veces pasan anos ata que aparece unha carta da Xunta na que salientan a imposibilidade de realizar ningún tipo de acción contra as empresas ‘por falta de probas’, argumentan».
Información de Ataúlfo de Ferabrás en: http://imaxinario.blogspot.com/

miércoles, 1 de agosto de 2007

Cuba: Máis de 200 persoas permanecen en prisión
por delitos políticos: http://imaxinario.blogspot.com/

lunes, 30 de julio de 2007

‘Atado e ben atado’, información de Brais do Castro
con ilustración de Xavier Dans Mayor:
http://imaxinario.blogspot.com/


jueves, 26 de julio de 2007

Dende o día 21 ata o 27 de xullo
máis de setecentas mil persoas
gozarán cos carnavais
en Santiago de Cuba: http://imaxinario.blogspot.com/


martes, 24 de julio de 2007

sábado, 21 de julio de 2007

‘Liberdade de expresión’, con ilustración de Xavier Dans: http://imaxinario.blogspot.com/

lunes, 9 de julio de 2007

'Historias de Galiza', por Xavier Dans Mayor, en Imaxinario.

viernes, 8 de junio de 2007

Os verdadeiros contaminadores do planeta: http://imaxinario.blogspot.com/

lunes, 4 de junio de 2007

‘Violencia estatal’, artigo de Brais do Castro: http://imaxinario.blogspot.com/


Os automóbiles ocupan as beirarrúas: http://imaxinario.blogspot.com/

lunes, 28 de mayo de 2007

O Servizo Provincial de Consumo da Coruña
non responde ás denuncias:

http://imaxinario.blogspot.com/

miércoles, 23 de mayo de 2007

martes, 22 de mayo de 2007

Teatro: ‘O estraño caso das paxaras metafísicas’, de Willy Éter:http://imaxinario.blogspot.com/

sábado, 19 de mayo de 2007

XOSÉ BOCIXA REI: “As subvencións non chegan nin para pipas”. En http://imaxinario.blogspot.com/

viernes, 18 de mayo de 2007

'O espírito anormal do corpo xurídico',
artigo de Xavier Dans Mayor en: http://imaxinario.blogspot.com/

miércoles, 16 de mayo de 2007

As Encrobas: Respecto á veracidade histórica

Por Brais do Castro

Subvencionado pola Consellería de Cultura con algo máis de 13.000 euros, coproducido por Videafilm e Ibcinema & Cochlea, e dirixido por Xosé Bocixa, o vídeo As Encrobas: A ceo aberto configura suficiente información para o desenvolvemento dunha nova proposta na que debería intervir directamente a Xunta de Galiza, investindo de xeito proporcional ao acontecer histórico daqueles momentos nos que, coas Encrobas na vangarda, Galiza pareceu que estaba a piques de deixar de chorar.
O filme de Xosé Bocixa Rei mostra parte dunha realidade. Seguramente, porque non había presuposto para máis. Ese é o eterno problema do audiovisual galego: primeiro hai que traballar en condicións precarias e logo solicitar a bolsa. E, ás veces, esgótase a paciencia. Algo que non pasaría, por exemplo, en Cataluña. Aquí prefírense gastar os cartos en parvadas e nos amigos. Algo que non pasaría tampouco, por exemplo en Euskadi. Que si, falar fálase moito destes dous países antepoñéndoos como modelos sociais e políticos. Pero, agás as copias, pois xa se sabe que unha copia sempre é unha copia e se aínda é mala, peor, en Galiza só coñecemos o de ‘a trancas e barrancas’.
Por exemplo, non é certo que a prensa, como algúns din, realizase un gran seguimento sobre as expropiacións. Non é certo, porque o deber dos medios de comunicación naqueles intres de 1977 era buscar o seu espazo na transición que comezaba. Franco morrera e, logo de tanto tempo ‘colaborando’ co ditador, os medios de comunicación necesitaban outros alicerces cos que abastecer aos seus novos e potenciais lectores, que xa non eran tan partidarios do pretérito. Pouco terían que vender se seguisen ignorando as falcatruadas do réxime.
Iso de primeiras. De segundas, tampouco é certo que os propietarios de terras, pequenos e medianos, tivesen en conta maioritariamente a unidade para defender o seu lugar de orixe. Cando a empresa mineira decidiu a expropiación enviando os requirimentos, os propietarios, afeitos a desenvolverse de maneira individualizada, coidaron que a solución estaba na xefatura da parroquia: no seu cura párroco. Naturalmente, o seu cura vendeunos como non debía ser doutra forma, porque a Igrexa estivo sempre ao carón do poder. Debeu vir alguén de fóra, aínda que, por coincidencia, tamén fose cura, se ben neste caso sen uniforme e contrario á xefatura eclesiástica, que tan ben el coñecía, para que primase a unidade nos veciños. Custoulle traballo. Non lle foi fácil e, ás veces, ese cura ‘renegado’ chegou a pensar que ía ser imposible acadar en comunidade acordo ningún.
E o terceiro punto lévanos á verificación de que naqueles momentos o único importante para os propietarios das terras das Encrobas, salvo as salientables excepcións, era o diñeiro. Non importaban demasiado os estragos que realizase a empresa mineira a corto, medio ou longo prazo. Non se loitou para que a explotación se paralizase: negociouse para poñer de acordo a ambas partes.
O caso de Xove (Lugo) ilústranos sobre unha posición política que si contribuíu á paralización dunha central nuclear. Alí non había tanto que expropiar, pero si moita solidariedade para impedir, á mesma empresa, a construción doutro mecanismo contrario aos intereses sociais e ambientais.
No filme de Bocixa aparecen numerosas contribucións que xustifican dalgún xeito parte do acontecido ata a actualidade. Con todo, a historia de Galiza necesita dun esforzo amplo e decidido das institucións progresistas para que no futuro se verifique con claridade a nosa realidade, que poucas veces é o que parece e outras é o que parece que non é. [Máis información en: http://imaxinario.blogspot.com/]

viernes, 11 de mayo de 2007

Santiago de Cuba acolle unha semana de cine galego: http://imaxinario.blogspot.com/

martes, 8 de mayo de 2007

lunes, 7 de mayo de 2007

O Resplandor das Atochas lembra xullo de 1937: “Un ano de sangue e lume”. Información en http://imaxinario.blogspot.com/.


lunes, 23 de abril de 2007

Que queren de nós?, artigo de Brais do Castro en:
http://imaxinario.blogspot.com/.

viernes, 13 de abril de 2007

A INSPECCIÓN DE TRABALLO DA CORUÑA NON ACTÚA DEBIDAMENTE

Ben por falta de persoal, como argumentou a inspectora a unha traballadora, “porque son moitas as denuncias e eu teño que escollelas”, ou ben por neglixencia, a Inspección Provincial de Traballo non cumpre coa lexislación e desampara aos traballadores. Máis información en: http://imaxinario.blogspot.com/.

A INSPECCIÓN PREVARICA?

BRAIS DO CASTRO

A Inspección de Traballo prevarica? Actúa de xeito tortus?* Porque non vale iso de que “hai moitas denuncias e non podemos con todas”. Se hai moitas denuncias, está claro que é porque as empresas incumpren todo canto está escrito nos papeis. E se as empresas incumpren todo canto está escrito nos papeis (que, por certo, hai moi pouco que beneficie ao traballador) e hai moitas denuncias, a Inspección debe investigar moito máis. E se non hai persoal e por iso “hai que elixir as máis rimbombantes”, a Inspección debe esixir persoal e persoal cualificado para que non queden dúbidas sobre os masivos incumprimentos das empresas. A saber: xornada laboral que sobrepasa as corenta horas semanais, acoso (laboral e sexual), vacacións dirixidas polos empresarios, infames salarios, etcétera, etcétera. Para qué seguir.
Xa non é cuestión de preguntarlle ao presidente do Goberno se coñece o custe dun café. É cuestión de preguntarlle cánto necesita el ao mes para vivir. Seguro que bastante máis ca os aínda non seiscentos euros do denominado salario mínimo. E se el necesita catro ou cinco mil ao mes máis gastos, todos sen excepción deberían cobrar un salario digno que non tiveran que mendigar. Todos sen excepción deberían ter cubertas as súas costas cunha lexislación adecuada e sólida que castigase ao empresario cando esclavizase ao traballador. E non ao revés, como se fai agora.
Porque eso sí, neses papeis dos que tanto se fala, hai ata incluso ‘ordes’. Orde de aquí, orde de alá. E os representantes dos traballadores, os sindicalistas, deberían comezar por escribir menos e máis axeitado, revisar canto papel non vale nin para limpar o cu e redactar con tino e con xeito para que como representantes de ‘clase’, que din ser, defendan xustamente eses intereses e non se aproveiten só das contribucións saídas dos petos, precisamente, desa sociedade que pretenden defender pero que só ofenden.
Esa é a historia. E a historia en 2007 é penosa. Hai unha Lei do Estatuto dos Traballadores que non se respecta na maioría das empresas, e algún artigo da Constitución que collido con fío podería utilizarse para custodiar a dignidade da sociedade asalariada. Pero neste século XXI, que se di moi pronto, seguimos acomodados coma sempre.
Semella que mentres as ‘maiorías’ conten coa súa ración, os poucos, que son moitos, deben seguir esclavizados. E os organismos públicos, como a Inspección de Traballo, deberían revisar, como mínimo, o seu código ético . Non hai que ser só honrado, senón tamén parecelo.

[*torto ou torcido, inxusto, ou que non se atén ás leis ou á razón]

miércoles, 28 de marzo de 2007

UNIÓN FENOSA ACTÚA DE XEITO RETORCIDO

Unión Fenosa, que en 2006 acadou uns beneficios que superaron os 635 millóns de euros, engana, deliberadamente ou non, aos seus clientes. Algún caso significativo mostra a dirección desta empresa para encher as súas arcas. Máis información en: http://imaxinario.blogspot.com/.

jueves, 22 de marzo de 2007

viernes, 16 de marzo de 2007

lunes, 12 de marzo de 2007

viernes, 23 de febrero de 2007

lunes, 19 de febrero de 2007

miércoles, 14 de febrero de 2007


FUNCIONARIOS SEN CONTROL

Un coche camuflado, supostamente da policía, non respectou o semáforo vermello situado nas proximidades do edificio de Correos, en dirección á praza de Ourense. No vehículo, con matrícula 5278 BCW, viaxaban tres persoas, unha delas co chaleco amarelo identificador. O despropósito ocorreu na cidade da Coruña, o martes 13 de febreiro de 2006, contra as 11 da mañá.

jueves, 8 de febrero de 2007

http://imaxinario.blogspot.com/ a súa publicación IMAXINARIO, que a partir do mes de maio de 2007, nunha primeira etapa, será actualizada semanalmente. Nunha próxima quenda (non superior aos doce meses), a actualización será diaria. Quen se sinta identificado coa publicación, pode enviar as súas colaboracións aos correos que figuran na cabeceira de Imaxinario.


ANÁLISE SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA (I)

No artigo 1, apartado 1, a Constitución expresa que se trata dun ‘Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político’. Vocábulos rimbombantes, se ben arredados da realidade. Seguidamente, xa no apartado 2, lese que a ‘soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado’, para contradicir logo, no apartado 3, o considerado referente superior no apartado anterior, coa ordalía de que a ‘forma política do Estado español é [so pena de excomuñón] a Monarquía parlamentaria’. Nótese o radicalismo da fórmula: é a monarquía parlamentaria. Polo tanto, os redactores do texto, seguindo esta conclusión, desbotan, sen máis, a consideración, nun futuro, doutras formas de Estado non coincidentes coa denominada monarquía parlamentaria. Isto é, o pobo [poder soberano] non poderá decidir, no seu caso, porque non lle está permitido de facto polo redactor do texto, o que produce un anacronismo constitucional na propia Constitución: a Constitución é xa anticonstitucional de seu nestes primeiros apartados.

lunes, 29 de enero de 2007



XUÍCES IMPLACABLES

Por Brais do Castro

“A paz /lei non é orde, senón xustiza”

Se o asunto fose aplicar a lei estritamente, deberían cumprir cadea —por complicidade con Franco, que foi un asasino múltiple. Ou non?— algúns dos que hoxe son intocables nas ‘altas xerarquías’, así como aqueles que redactaron unha “constitución” fundamentada nos ‘pactos do medo’. De rebote, todo o equipo xurídico e lexislativo que exerceu un control sublime sobre a lei principal dunha sociedade libre: “o pobo é quen máis ordena”.
En fin, que estes xuíces parece que aínda agardan a resurrección de símbolos e persoeiros de outrora. Pretenden a guerra permanente contra todo aquilo que non controlen. Permítense toda clase de licencias e contribúen coas súas provocacións á confusión social. A súa insensibilidade é tan irracional que produce pavor: que a estas alturas da película, persoas entradas en canas aínda convertan as súas propias frustracións en cuestións de fe é pouco menos que inquietante. De seguro, seguindo esa liña que mostran coa súa inflexibilidade, que non lles pareceu ben que ao ditador Pinochet —por mor da súa ‘enfermidade’— se lle permitise cumprir o arresto no seu domicilio, por exemplo. Iso parece, dada a súa implacabilidade cun preso que xa cumpriu condena, tal e como marcan os canons establecidos. O resto, a maiores —que todo o mundo coñece, pola propaganda machacona dos aparatos político-financeiros—, engadiuno o sistema xudicial, só porque dito preso expresou libremente a súa opinión [Constitución española, artigo 20-1, apartado a: “Recoñécense e protéxense os dereitos a expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución”].
Un antigo dito popular di que “no reino dos cegos o torto é o rei”. E é así realmente. Grazas a estes humanos deshumanizados, torpes, ‘relixiosos’, dobremoralistas, pillabáns, arribistas, etcétera, que non senten nin padecen, os cegos áchanse a mercé do torto, que fai o que lle peta. Até cando? Sería a pregunta. Mais temémonos que non haberá resposta.


jueves, 11 de enero de 2007



OLLO CRÍTICO (Asemblea de Comunicación e Debate) mantén en probas na dirección http://imaxinario.blogspot.com/ a súa publicación Imaxinario, que a partir do mes de maio de 2007, nunha primeira etapa, será actualizada semanalmente. Nunha próxima quenda (non superior aos doce meses), a actualización será diaria.
Quen se sinta identificado coa publicación, pode enviar as súas colaboracións aos correos que figuran na cabeceira de Imaxinario.